Saltar ao contido

Concello de Gällivare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Gällivare
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 67°08′00″N 20°39′00″L / 67.1333, 20.65
EstadoSuecia
CondadoCondado de Norrbotten Editar o valor en Wikidata
CapitalGällivare Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.156 (2025) Editar o valor en Wikidata (1,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa
meänkieli
linguas saamis Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie16.818,78 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Gällivare Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataMärit Palo (1998–2002)
Tommy Nyström (2003–2014)
Jeanette Wäppling (2015–2016)
Lars Alriksson (2017–2018)
Jeanette Wäppling (2019–2019)
Henrik Ölvebo (2020–2020)
Birgitta Larsson (2021–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgellivare.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: gallivare.se Instagram: nyagallivare LinkedIn: gällivare-kommun Youtube: UCtkuCHBPcQAr4_LsiKBnLwA Editar o valor en Wikidata

Gällivare é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é a localidade de Gällivare. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 17 233 habitantes.[2]

O concello está situado xusto ao norte do círculo polar ártico. A parte occidental está formada por áreas montañosas e a sur por bosques e marismas. Os ríos Linaälven e Luleälven, onde están dúas das centrais hidroheléctricas máis grandes do país, atravesan o concello. Dous dos parques nacionais de Suecia atópanse no municipio, e existen ricos recursos minerais. Isto levou á construción de minas en Aitik e Malmberget, que continúan empregando a unha parte importante da poboación.

Hai catro pobos saami é unha parte dos seus habitantes foron historicamente, e ata certo punto seguen sendo, falantes de finés, meänkieli ou linguas saami. Ao dialecto finés falado no municipio de Gällivare chámaselle gällivarefinska.

Gällivare é unha suedificación do nome da lingua saami de Lule Jiellevárre. Jielle- significa 'apertura, brecha' e pode referirse a un val alongado na montaña Malmberget.[3]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

Cando a reforma municipal de 1862 implementouse en Laponia no ano 1874 creouse o concello rural de Gällivare na parroquia do mesmo nome. Alí estableceuse o 2 de xuño de 1983 a localidade municipal de Gällivare e o 23 de decembro de 1908 a de Malmberget. A primeira dsolveuse a finais de 1955 e a segunda a finais de 1959.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, xa que nin o condado de Västerbotten nin o de Norrbotten víronse afectados.

O actual municipio de Gällivare naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural do mesmo nome.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Gällivare limita ao sur cos concellos de Jokkmokk e Boden, ao leste cos de Överkalix e Pajala, e ao norte co de Kiruna, todos no condado de Norrboten. Ao noroeste fai fronteira cos concellos noruegueses de Narvik e Hamarøy. Cunha superficie de 16 950 quilómetros cadrados, o municipio é o terceiro máis grande de Suecia en termos de superficie.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-09. 
  3. Svenskt ortnamnslexikon : utarbetat inom Språk- och folkminnesinstitutet och Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet. 2003. ISBN 91-7229-020-X. OCLC 56599861. 
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.