Saltar ao contido

Khinkali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khinkali
ხინკალი

Khinkali.
Tipo Pastel
Orixe Xeorxia Xeorxia
Ingredientes
Animal Carne
Queixo
Vexetal Cebola
Pataca
Allo
Cogomelo
Relacionados
Receita Receita de Khinkali

Khinkali (en xeorxiano: ხინკალი) son pasteis de masa cocidos, típicos de Xeorxia; son especialmente consumidos en restaurantes chamados sachinkle, normalmente cunha cervexa.[1]

A masa está feita con fariña de trigo, auga, sal e ovos enteiros (opcional) e amasada ata poderse tender; cóbrese e déixase repousar, en canto se prepara o recheo. Este pode ser de carne moída, cogomelos ou queixo. A carne pode ser de vaca, de año, de porco, ou dunha mestura de carnes. A carne mestúrase con cebola e allo, sal e pementa, engadindo auga ou caldo para poder mesturar. A salsa é opcional, así como a pementa vermella ou páprica.[2]

A masa esténdese sen estar demasiado fina e nela córtanse redondeles, que se estenden de novo para facer unha cama fina. Colócase unha boa porción de recheo no centro de cada redondel e féchase en forma de pera, deixando no tope unha especie de "botón" de masa. Os pasteis son cocidos en auga con sal durante o tempo suficiente para cociñar o recheo. Sérvense quentes.

Nas zonas musulmás de Xeorxia e Acerbaixán adóitase facer con carne de boi, xa que non poden comer carne de porco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]