Kgalema Motlanthe
Kgalema Motlanthe | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de xullo de 1949 |
Lugar de nacemento | Xohanesburgo |
Nacionalidade | Suráfrica |
Ocupación | político |
Cónxuxe | Mapula Motlanthe |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kgalema Petrus Motlanthe, nado o 19 de xullo de 1949, é un político surafricano, vicepresidente do partido político Congreso Nacional Africano e elixido Presidente do país en setembro de 2008 en substitución do dimitente Thabo Mbeki.
Motlanthe foi activista estudantil, sindicalista e antigo soldado do brazo militar do Congreso Nacional Africano (CNA), UmKhonto we Sizwe.
En 1977 foi condenado a dez anos de prisión e encarcerado na Illa Robben xunto a Nelson Mandela e Jacob Zuma, baixo o réxime racista do apartheid.
Tras a súa posta en liberdade, exerceu o cargo de secretario xeral do CNA en 1997, ocupando o posto de vicepresidente a partir de 2007.
O 22 de setembro de 2008 foi elixido para substituír a Thabo Mbeki como presidente interino de Suráfrica.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kgalema Motlanthe ![]() |
- Official profile at the presidency site.
- Biografía en español por Fundación CIDOB
- "ANC Policy won't change".
- Who is Kgalema Motlanthe?
Predecesor: Thabo Mbeki |
Presidente da República de Suráfrica 2008 – 2009 |
Sucesor: Jacob Zuma |