Illa Robben
Illa Robben | |
---|---|
![]() Vila da illa Robben | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Cabo Occidental |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 33°48′24″S 18°21′58″L / -33.80667, -18.36611Coordenadas: 33°48′24″S 18°21′58″L / -33.80667, -18.36611 |
Xeografía | |
Superficie | 5´18 km² |
Longura máxima | 3´2 km. |
Largura máxima | 1´3 km. |
Punto máis alto | 30 m. (Minto Hill) |
Demografía | |
Capital | Vila da illa Robben |
Poboación | 116 hab. (2011) |
Densidade | 22 hab./km² |
Illa Robben | |
---|---|
Prisión de Robben | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, VI |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 916 |
Robben é unha illa de 547 hectáreas que se localiza a 12 km ao norte de Cidade do Cabo, na baía de Table. Agás a igrexa, todo o territorio da illa é propiedade do estado. Na illa habitan grandes colonias de pingüíns.
Estivo habitada hai milleiros de anos, cando a canle que a dividía do continente non estaba baixo a auga. Dende fins do século XVII a illa empregouse como prisión, e entre os reclusos estiveron líderes indíxenas das colonias holandesas en África e Asia. Entre 1836 e 1931 a illa utilizouse como leprosería. No século XX estiveron prisioneiros opositores ao réxime do apartheid como Nelson Mandela, Walter Sisulu, Govan Mbeki ou Robert Sobukwe.
Actualmente a illa é un destino turístico popular, declarada Patrimonio da Humanidade en 1999 e considerada como un símbolo do triunfo sobre o apartheid.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Robben ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Robben Island Museum
- Robben Island – UNESCO World Heritage Centre
- Robben Island Museum at Google Cultural Institute
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |