Karl Adolf Agardh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Adolf Agardh
Nacemento23 de xaneiro de 1785
Lugar de nacementoBåstads parish
Falecemento28 de xaneiro de 1859
Lugar de falecementoKarlstad church parish
SoterradoÖstra kyrkogården cemetery
NacionalidadeSuecia
Relixiónluteranismo
Alma máterLund e Universidade de Lund
Ocupaciónbotánico, pteridólogo, sacerdote, político, profesor universitario, matemático, economista, micólogo e mineraloxista
FillosJacob Georg Agardh e Emilia Fröding
editar datos en Wikidata ]

Karl Adolf Agardh, nado en Båstad o 13 de xaneiro de 1785 e finado en Karlstad o 28 de xaneiro de 1859, foi un botánico e bispo sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estuda na universidade de Lund, onde ensinou dende 1807 matemáticas, aínda que o seu interese fundamental foi o estudo das algas, ás que clasificou cientificamente no seu Systema algarum. Obtén a cátedra de botánica e economía en 1812.

En 1817 vai ser elixido membro do Parlamento, e en 1837 foi nomeado bispo de Karlstad, o que supuxo a fin das súas investigacións científicas.

O seu fillo Jacob George Agardh foi igualmente un especialista en algas.

Obras[editar | editar a fonte]

Synopsis algarum Scandinaviae, 1817
Aphorismi botanici, 1817-1826
Species algarum, 1821-1828
Systema algarum, 1824
Classes plantarum, 1825