Kátia Guerreiro
(2018) | |
Nome orixinal | (pt) Katia Duarte d'Almeida d'Oliveira Rosado Guerreiro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de febreiro de 1976 (48 anos) Vanderbijlpark, Suráfrica (pt) |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Fado |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Páxina web | katiaguerreiro.com |
Kátia d'Almeida d’Oliveira Rosado Guerreiro Ochoa, coñecida artisticamente como Kátia Guerreiro, nada o 23 de febreiro de 1976 en Vanderbijlpark, Suráfrica, é unha fadista e médica portuguesa. Divide a súa vida entre as paixóns pola música e pola medicina. É unha das máis internacionais fadistas portuguesas. O seu fado caracterízase por unha gran riqueza lírica, cantando a escritores portugueses contemporáneos, como António Lobo Antunes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Suráfrica, creceu nos Azores, onde frecuentou un rancho folclórico e licenciouse en Lisboa, en Medicina. Traballou no Hospital de Distrito de Évora e, máis tarde, regresou á capital para se especializar en Oftalmoloxía. Foi durante o curso cando descubriu a súa vea fadista, en convivencia con colegas e, de forma un pouco máis seria, en concertos, após o desafío feito pola parella de guitarristas formada por Paulo Parreira e João Veiga.
Coa mesma parella e o viola-baixo Armando Figueiredo, e apadriñada polo fadista João Braga, estreouse en 2001 co disco "Fado Maior". O álbum, editado por Ocarina, coñeceu un grande éxito internacional, sendo editado no Xapón e Corea do Sur. Entre outros temas, inclúe fados popularizados por Amália Rodrigues, a súa maior influencia, e poemas musicados de Fernando Pessoa, Sophia de Mello Breyner Andresen e António Lobo Antunes.
En 2003, tamén por Ocarina, lanzou o álbum "Nas Mãos do Fado". O título é unha referencia á máis característica das súas poses en escena: as mans agarradas atrás das costas. Volve a cantar a António Lobo Antunes e, por primeira vez, visita outra das súas grandes referencias, Dulce Pontes.
A presenza de Dulce Pontes acentúase no álbum seguinte, "Tudo ou Nada", de 2005, no que esta escribiu o tema "Caravela". Con edición da Som Livre, é o máis ousado dos discos de Kátia Guerreiro, contando cunha versión de "Saudades do Brasil en Portugal", de António Carlos Jobim, e de "Menina do Alto da Serra", versión do tema con que Tonicha venceu o Festival RTP da Canção de 1971. O disco conta aínda coa participación do pianista de jazz Bernardo Sassetti, no tema "Minha Senhora das Dores".
Unha vez máis canta a António Lobo Antunes e homenaxea a poetisa Sophia de Mello Breyner Andresen. Nese mesmo ano, foi presentada como mandataria da xuventude da candidatura de Aníbal Cavaco Silva á Presidencia da República portuguesa para as eleccións de 2006.
En 2006 foi editada unha caixa cos seus primeiros dous discos e o álbum "Tudo Ou Nada" foi reeditado, destacándose a colaboración do brasileiro Ney Matogrosso.
Katia Guerreiro xa deu concertos por todo o mundo, en locais tan diversos como o Xapón, Marrocos, a Turquía, a Francia (a parte europea e a Nova Caledonia), os Países Baixos, a Suecia, o Brasil, a Bulgaria, Macau (China), a Rusia ou España.
Discografía
[editar | editar a fonte]Fado Maior (2001)
[editar | editar a fonte]- 1. "Asas" (3:30) (Maria Luisa Baptista/Georgino de Sousa (fado Georgino))
- 2. "Algemas" (3:23) (Álvaro Duarte Simões)
- 3. "Amor de mel, amor de fel" (3:08) (Amália Rodrigues/Carlos Gonçalves)
- 4. "As rosas / promessa" (2:03) (Sophia Mello Breyner/João Mário Veiga)
- 5. "Guitarra triste" (2:47) (Álvaro Duarte Simões)
- 6. "Avé Maria (3:37)" (Fernando Pessoa/João Mário Veiga)
- 7. "Incerteza (2:00)" (João Mário Veiga/Miguel Ramos (fado alberto))
- 8. "Asa de vento (3:23)" (Amália Rodrigues/Carlos Gonçalves)
- 9. "É noite na mouraria" (2:25) (José Maria Rodrigues/António Mestre)
- 10. "Minha Lisboa de mim" (3:49) (Nuno Gomes dos Santos/Silvestre Fonseca)
- 11. "A Mariquinhas vai à fonte" (2:24) (Maria Manuel Cid/Música popular)
- 12. "Esquina de um tempo" (3:00) (Maria Luisa Baptista/Paulo Parreira e Katia Guerreiro)
Nas Mãos do Fado (2003)
[editar | editar a fonte]- 1. "Os meus versos" (Florbela Espanca/Paulo Valentim)
- 2. "Valsa" (António Lobo Antunes/Miguel Ramos (fado margaridas))
- 3. "Dança das Sete Luas" (Ana Vidal/João Veiga)
- 4. "Vodka e Valium 10" (António Lobo Antunes/Armando Machado (fado fé))
- 5. "Segredos" (Paulo Valentim)
- 6. "O teu encanto" (João Veiga)
- 7. "Ancorado em mim" (Ana Vidal/Armando Machado (fado santa luzia))
- 8. "Perdigão" (Luís Vaz de Camões/Alain Oulman)
- 9. "O que fôr há-de ser" (Dulce Pontes)
- 10. "Rosa Vermelha" (José Carlos Ary dos Santos/Alain Oulman)
- 11. "Recado" (António Lobo Antunes/Katia Guerreiro e João Veiga)
- 12. "Voz do Vento" (Maria Luísa Baptista/ fado menor (dr))
- 13. "Romper Madrugadas" (Paulo Valentim/Paulo Valentim e João Veiga)
- 14. "Meu principezinho" (Katia Guerreiro/fado joão maria dos anjos (sextilhas))
- 15. "Chora, Mariquinhas chora" (Amália Rodrigues/José Fontes Rocha)
Tudo ou Nada (2005)
[editar | editar a fonte]- 1. "Disse-te adeus à partida, o mar acaba ao teu lado (4:34)" (António Lobos Antunes/SPA)
- 2. "Despedida" (2:55) (António Calém/SPA))
- 3. "Ser tudo ou nada" (3:01) (João Veiga/SPA)
- 4. "Muda tudo, até o mundo" (1:32) (Maria Luísa Baptista/SPA)"
- 5. "Minha Senhora das Dores" (3:51) (Jorge Rosa/SPA)
- 6. "Canto da fantasia" (3:19) (Paulo Valentim/SPA)
- 7. "Vaga" (2:53) (Rodrigo Serrão/SPA)
- 8. "Dulce caravela" (2:59) (Dulce Pontes)
- 9. "Quando" (3:09) (Sophia de Mello Breyner/SPA)
- 10. "Menina do alto da Serra" (2:42) (José Carlos Ary dos Santos/SPA)
- 11. "Saudades do Brasil em Portugal" (4:00) (Vinicius de Moraes)
- 12. "O meu navio" (2:08) (Rodrigo Serrão/SPA)
- 13. "Talvez não saibas" (4:32) (Joaquim Pessoa/SPA)
- 14. "Tenho uma saia rodada" (1:36) (Maria Luísa Baptista/SPA)
- 15. "Menina do alto da Serra" - faixa bónus, participação especial de Ney Matogrosso (2:53) (Nuno Nazaré Fernandes/Ary dos Santos/SPA)
- 16. "Lábios de mel" - faixa bónus, participação especial de Ney Matogrosso (3:17) (Waldir Rocha/PEERMUSIC)
Fado (2008)
[editar | editar a fonte]- 1. "Fado dos olhos" (Florbela Espanca/Carlos Ramos (Fado das Horas — pop))
- 2. "Pranto de amor ausente" (Paulo Valentim)
- 3. "A voz da poesia" (Katia Guerreiro/Rui Veloso)
- 4. "Ponham flores na mesa" (Fernando Tavares Rodrigues/Joaquim Campos Silva (Fado Tango))
- 5. "Estranha paixão" (João Veiga/Pedro Pinhal)
- 6. "Casa da colina" (Maria Luísa Baptista/Rodrigo Serrão)
- 7. "A cidade saudade" (Rodrigo Serrão/Casimiro Ramos (Fado Três Bairros))
- 8. "A nossa gente, o nosso fado" (Rodrigo Serrão/Mário Pacheco)
- 9. "Renasce" (João Veiga)
- 10. "Lírio roxo" (António Gedeão/Francisco Viana (Fado Vianinha))
- 11. "Poema da malta das naus" (António Gedeão/Paulo Valentim)
- 12. "Mundo" (Fernando Tavares Rodrigues/Júlio Proença (Fado Esmeraldinha))
- 13. "Lisboa" (Charles Aznavour)
- 14. "Eu queria cantar-te um fado" (António de Sousa Freitas/Franklin Godinho (Fado Franklin de Sextilhas))
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- Páxina MySpace