Saltar ao contido

João Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoão Braga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvocalista, cantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFado Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2825176 Musicbrainz: 8e392b67-63e9-4dd3-b64b-e08967814333 Discogs: 1193258 Allmusic: mn0000141077 Editar o valor en Wikidata

João Braga, nado en Alcântara (Lisboa) o 15 de abril de 1945, é un fadista portugués. Destaca por representar a variante clásica e aristocrática do fado. Tamén é coñecido polas súas ideas conservadoras, católicas e monárquicas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu interese pola música comeza cedo. Aos dezanove anos xa interpreta cancións doutros artistas no seu contorno escolar, aínda que non será até 1963 que a súa carreira musical vira cara ao fado. No 1967 grava o seu primeiro EP "É Tão Bom Cantar O Fado", seguido por outros tres que anticiparán o disco de 1968 "Recado a Lisboa", co que colleita un enorme éxito. No 1969 asinará un contrato coa Philips que o consolida como un profesional da canción. Nese mesmo ano participa no primeiro festival de jazz de Portugal, en Cascais.

Dende entón ten gravado máis de trinta traballos discográficos e dado innúmeros concertos por todo o país e polas cidades máis importantes do mundo. súa carreira musical converteuse nunha das máis lonxevas e constantes da música portuguesa.

O 22 de maio de 1990, no Teatro São Luís, entrégaselle a Medalla de Mérito Cultural da Câmara Municipal de Lisboa, converténdose no primeiro fadista en recibila. Ese ano sae Terra de Fados, o seu primeiro traballo en formato CD.

O 30 de xaneiro de 1997 conmemora os trinta anos de carreira, cun concerto homenaxe celebrado no Teatro Tivoli de Lisboa. No 1999 recibirá no Porto o Premio de Carreira.

Figura viva do fado, é destacábel o seu esforzo constante por apoiar ás figuras emerxentes, sendo descubridor ou promotor de fadistas de renome como Kátia Guerreiro ou Mafalda Arnauth.

A súa carreira musical conviviu sempre coa colaboración en diversos medios de comunicación, sinaladamente na prensa, onde participou das revistas O Volante, Eles e Elas e Sucesso, tamén fundou xornais como Musicalíssimo e O Século Ilustrado. Ao mesmo tempo, é unha cara coñecida na televisión portuguesa, debido á súa constante participación en debates políticos, onde fai alarde frecuentemente das súas profundas conviccións conservadoras. Tamén é habitual a súa participación en tertulias deportivas, defendendo o club do que é fan: o Sporting Clube de Portugal.