Järvenpää
Järvenpää (fi) Träskända (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Finlândia Meridional (pt) | ||||
Rexión | Uusimaa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.490 (2023) (1.238,41 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Helsinqui Área Metropolitana de Helsínquia (pt) (Poboación:1.530.000) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,54 km² | ||||
Punto máis alto | Kiilahännänkallio (en) (82,9 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1951 | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Iiris Laukkanen (en) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Järvenpää City Council (en) , (Escano: 51) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vác (pt) Condado de Jõgeva Lørenskog Rødovre (pt) comuna da Täby (pt) Buchholz in der Nordheide Pasadena Volkhov (pt) | ||||
Sitio web | jarvenpaa.fi | ||||
Järvenpää (en sueco Träskända) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Uusimaa, ao sur do país. En 2014 tiña 40.106 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Järvenpää está situada na rexión de Uusimaa, ao sur de Finlandia, no extremo norte do lago Tuusulanjärvi. Encóntrase 37 km ao norte do centro de Helsinqui, limitando coas cidades de Tuusula, Sipoo e Mäntsälä, se ben hai xente que se refire a Kerava como unha cidade veciña, mesmo a pesar de que ambas cidades non limitan entre si. A cidade forma parte do Gran Helsinqui.
Demografía
[editar | editar a fonte]A cidade é en gran parte industrial e densamente poboada. Aínda así existen varios parques e áreas protexidas.
Dende 1980 o concello está a experimentar un constante crecemento demográfico:[1]
Ano | 1980 | 1985 | 1990 | 1995 | 2000 | 2005 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 23281 | 27220 | 31525 | 34436 | 35915 | 37505 | 38680 |
Barrios
[editar | editar a fonte]A cidade está dividida en 25 barrios:
13. Pöytäalho |
Historia
[editar | editar a fonte]Järvenpää foi separada da cidade de Tuusula en 1951, constituíndose como un novo concello e conseguindo o status de cidade de mercado (kauppala) despois da separación. Os distritos veciños de Kellokoski e Nummenkylä non foron engadidos ao novo concello, e a controversia sobre o tema continúa 50 anos despois. Actualmente Kellokoski continúa a formar parte de Tuusula. En 1967 foille concedido o status de cidade.
Linguas
[editar | editar a fonte]A maior parte da poboación de Järvenpää é de fala finesa, mentres que a minoría sueca constitúe menos dun 1 % da poboación do concello, en 2012 a distribución das linguas no concello era a seguinte:[2]
Transportes
[editar | editar a fonte]Järvenpää está situada a 37 km de Helsinqui, na liña que une a capital con Riihimäki, e o ferrocarril pasa polo centro da cidade. Amais da estación de Järvenpää, existen outras estacións de ferrocarril en Kyrölä, Saunakallio, Haarajoki e Purola.
A cidade está a unha distancia de en torno a media hora da capital tomando a valtatie 4 que une Helsinqui e Lahti. Está comunicada por ferrocarril e por estrada á capital e tamén está próxima ao aeroporto de Helsinqui-Vantaa, en torno a 20 minutos. As conexións ferroviarias coa capital son boas e os trens de Uusimaa saen da estación dúas veces cada hora, e doutras estacións cada hora.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Järvenpää é frecuentemente coñecida por ser o concello no que se encontra Ainola, a casa do compositor Jean Sibelius. Ainola está situada a uns dous quilómetros do centro da cidade. O compositor mudouse coa súa familia á casa deseñada polo arquitecto Lars Sonck o 24 de setembro de 1904, e Sibelius viviu alí ata a súa morte en 1957. Ainola está aberta para os visitantes nos meses de verán como "museo de Sibelius". A principios do século XX, outros moitos artistas se instalaron na cidade para fuxir das tentacións de Helsinqui.
O escritor e xornalista Juhani Aho mudouse coa súa muller Venny Soldan-Brofeldt o Järvenpää en 1897. Ambos viviron durante 14 anos nunha vila chamada Vårbacka, ao carón da costa do lago Tuusulanjärvi. A vila foi posteriormente chamada Ahola.
Eventos
[editar | editar a fonte]Os eventos culturais da cidade teñen lugar no Järvenpää-talo ao longo do ano: concertos, teatro e exposicións de arte. O lugar favorito para os nenos é a casa de Pikku-Aino, onde os nenos poden xogar, facer shows, e outras actividades.
Cada ano celébrase na cidade o Puistoblues, un evento musical traducido como "Parque do Blues". A semana do blues comeza coa "Rúa do Blues" do centro da cidade, e os bares e restaurantes acollen concertos e jam-sessions. O principal concerto ten lugar ao final da semana, e ten lugar en Vanhankylänniemi o sábado.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- Vác, Hungría
- Rødovre, Dinamarca
- Lørenskog, Noruega
- Täby, Suecia
- Jõgeva, Estonia
- Volkhov, Rusia
- Buchholz in der Nordheide, Alemaña
- Pasadena (California, Estados Unidos)
- Ho, Ghana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tilastokeskus, ed. (22 mars 2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980–2012" (en finés). Consultado o 5 de agosto de 2014.[Ligazón morta]
- ↑ Tilastokeskus, ed. (31 de decembro de 2012). "Väestö iän (1-v.), sukupuolen, siviilisäädyn ja kielen mukaan alueittain 1990 - 2013, laaja alueluokitusryhmittely" (en finés). Consultado o 5 de agosto de 2014.[Ligazón morta]
- ↑ VR Group (ed.). "Commuter service timetables" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Järvenpää |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés) (en inglés)