Juhani Aho
Juhani Aho | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de setembro de 1861 |
Lugar de nacemento | Lapinlahti |
Falecemento | 8 de agosto de 1921 |
Lugar de falecemento | Helsinqui |
Causa | Difteria |
Nacionalidade | Finlandia |
Etnia | Pobo finlandés |
Alma máter | Universidade de Helsinki e Kuopio Lyceum High School |
Ocupación | xornalista, escritor e novelista |
Cónxuxe | Venny Soldan-Brofeldt |
Fillos | Heikki Aho, Antti Aho e Björn Soldan |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johannes Brofeldt, coñecido como Juhani Aho, nado en Lapinlahti o 11 de setembro de 1861 e finado en Helsinqui o 8 de agosto de 1921, foi un escritor finlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Escribiu numerosos relatos e novelas. Comezou a escribir en sueco no seus anos de instituto, pero por influencia de Runeberg traduciunos ao finlandés, lingua que adoptará como propia. Durante os seus anos na Universidade estivo moi vencellado ao círculo literario formado arredor da nai de Arvid Järnefelt, que deu orixe ao grupo coñecido como Nuori Suomi (Nova Finlandia).
Obras[editar | editar a fonte]
- Rautatie (O ferrocaril) foi a primeira novela de Aho, editada en 1884, contando nun estilo realista e humorístico a primeira viaxe en tren dunha parella de vellos campesiños.
- Papin tytär (A filla do crego), 1885, historia da iniciación á vida dunha rapaza nova.
- Helsinkiin (Cara a Helsinqui), 1889, relato nun ton máis realista e comprometido centrado na vida dos estudantes.
- Yksin (So), 1890, que describe o namoramento dun home maduro cunha rapaza nova, a separación e a fuxida ao París que era a capital cultural europea de finais do século XIX.
- Papin rouva (A dona do crego), 1893, continuación de Papin tytär
- Panu, 1897, novela histórica
- Kevät ja takatalvi (Primavera e inverno serodio) 1906, a máis erótica das súas obras
- Juha 1911