Xuventude Comunista dos Pobos de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juventud Comunista de los Pueblos de España
Dirixentes e organización
LíderJavier Cayuela (Responsábel Político)
Historia
Fundación13 de maio de 2017 14 de abril de 2019 (como JCPE)
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Internacionalismo
Posición políticaEsquerda revolucionaria
Outros datos
SedeC/ Mendívil, 33 (Madrid)
Na rede
www.jcpe.es
Facebook: 113596452589654 Twitter: JCPE_Comunista Instagram: jcpe_comunista Telegram: JCPE_Comunista Editar o valor em Wikidata
Xuventudes do Partido Comunista dos Pobos de España.

A Xuventude Comunista dos Pobos de España (XCPE) é a organización xuvenil do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE). En Galicia a Mocidade utiliza o nome de Xuventude Comunista do Pobo Galego (XCPG).

No plano internacional mantén relacións con organizacións xuvenís comunistas e revolucionarias de distintos lugares do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

A JCPE foi fundada o 13 de maio de 2017 nun pleno de mozos do PCPE por iniciativa do Comité Central do PCPE como a súa organización xuvenil[1] tras a crise interna vivida polo PCPE en abril de 2017 que supuxo a ruptura coa cal até entón fora a súa organización xuvenil, os Colectivos de Mozos Comunistas (CJC), entón recibiu a denominación de Xuventude do PCPE.

En novembro de 2018, unha delegación da JCPE foi convidada pola Unión de Mozos Comunistas a visitar Cuba, mantendo intercambios coas direccións das organizacións políticas e de masas do país co fin de fortalecer as relacións. En decembro do mesmo ano, a J-PCPE celebrou a súa I Escola Central de Formación en Vila-real (Castelló).[2]

En abril de 2019, celebrouse a I Conferencia da JCPE baixo o lema «A xuventude obreira e popular planta cara, organizámonos para vencer». Adóptase un novo logotipo e a denominación de Xuventude Comunista dos Pobos de España (JCPE). Maite Plazas resulta elixida como Responsábel Política da JCPE.[3] En novembro de 2019, a JCPE acudiu como delegación internacional ao I Congreso Internacional de Mozos e Estudantes organizado polo ″Foro de São Paulo″ en Caracas (Venezuela).[4]

Desde o ano 2019, a Xuventude enviou delegacións todos os anos á Festa do Avante (Quinta da Atalaia, Portugal) mantendo reunións con diversas organizacións.[5][6][7] En 2021, xunto ao PCPE participando co seu posto propio na área internacional.[8]

Os días 10, 11 e 12 de setembro de 2021 na serra madrileña organizouse o I Campamento da Xuventude, reunindo militantes de diferentes territorios do Estado.[9]A segunda edición do Campamento realizouse os días 23, 24 e 25 de setembro de 2022, novamente na serra madrileña.

O 16 de xullo de 2020, militantes da xuventude participaron na paralización dun desafiuzamento en El Astillero (Cantabria). Cun gran dispositivo da Garda Civil a concentracióm terminou cunha carga policial e un militante da xuventude foi agredido dentro do portal.[10] A día de hoxe está en proceso xudicial acusado xunto a outro activista de agresión á autoridade. Tamén o 6 de maio de 2021, na Universidade Xaime I de Castelló (UJI) (Comunidade Valenciana) nas protestas pola visita do rei, Filipe VI, á universidade, un militante da xuventude foi arrestado, xunto a outro activista, e finalmente condenado a seis meses de cárcere por agresión á autoridade. Non entrou finalmente a prisión por ser o seu primeiro delito e está á espera de ser ratificada.[11]

As actividades do partido céntranse de varias campañas que teñen á xuventude da clase obreira como suxeito central da súa intervención, ademais desenvólvese en distintas frontes e organizacións estudantís, sindicais, barriais, feministas da Fronte Obreira e Popular Polo Socialismo.

Organización[editar | editar a fonte]

O órgano de dirección da JCPE é o Comité Estatal de Dirección, que dirixe a organización e aplica a liña emanada da Conferencia Central da JCPE e o Congreso do PCPE.

Estrutura territorial[editar | editar a fonte]

A JCPE organízase en Comités Nacionais ou Rexionais, que agrupan aos diversos colectivos da organización dun territorio. Nalgúns territorios, o seu nome cambia ou denomínase na lingua propia do territorio. Nesta táboa móstranse as denominacións territoriais da JCPE:

Territorio Organización territorial
 Andalucía Juventud Comunista del Pueblo Andaluz (JCPA)
 Aragón JCPE Aragón
Canarias Juventud Comunista del Pueblo Canario (JCPC)
Cantabria JCPE Cantabria
 Castela-A Mancha JCPE Castilla-La Mancha
 Castela e León JCPE Castilla y León
 Cataluña Representado pola Joventut do PCPC
 Madrid JCPE Madrid
 Comunidade Valenciana JCPE País Valencià
 Estremadura JCPE Extremadura
 Galicia Xuventude Comunista do Pobo Galego (XCPG)
 Navarra Euskal Herriko Gaztedi Komunista (EHGK)
 País Vasco Euskal Herriko Gaztedi Komunista (EHGK)
Murcia Rexión de Murcia JCPE Región de Murcia

Logos territoriais[editar | editar a fonte]

Responsábeis políticos[editar | editar a fonte]

Período
Responsábel político/a
2017 - 2019 Alejandro Navarro
2019 - 2020 Maite Prazas
Dende 2020 Javier Cayuela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Partido Comunista de los Pueblos de España - El PCPE en Madrid denuncia la vandalización de sus sedes por parte de la fracción" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2021. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. "Celebracion de la I Escuela Central de Formación de la J-PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2021. Consultado o 14 de setembro de 2021. /
  3. "Sobre los retos de la JCPE en el estado español" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  4. "Continúa realización de Congreso Internacional de Estudiantes en Venezuela" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021.  Arquivado 21 de setembro de 2021 en Wayback Machine./
  5. "La JCPE visita un año más la Festa do Avante" (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  6. "La JCPE un año más en la Festa do Avante" (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  7. "Intervención del Secretario General del PCPE en la Festa do Avante" (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  8. "Espaço Internacional. Festa do Avante." (en portugués). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  9. "Finaliza el I Campamento de la Juventud" (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  10. Cantabria, eldiario es (2020-07-13). "Paralización, no exenta de incidentes, de un desahucio en El Astillero". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-03-14. 
  11. Pitarch, María (2021-05-06). "Dos detenidos tras un enfrentamiento entre jóvenes y la policía durante la visita del Rey a Castellón". El País (en castelán). Consultado o 2022-03-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]