June Carter Cash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
June Carter Cash
JohnnyCashJuneCarterCash1969.jpg
Nome completoValerie June Carter
Nacemento23 de xuño de 1929
Lugar de nacementoMaces Spring
Falecemento15 de maio de 2003
Lugar de falecementoNashville
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradaHendersonville Memory Gardens
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterNeighborhood Playhouse School of the Theatre
Ocupacióncantautora, cantante, intérprete de banxo, actriz, compositora de cancións, bailarina, actriz de televisión e artista discográfico
PaiEzra Carter
NaiMaybelle Carter
CónxuxeJohnny Cash, Carl Smith e Edwin Lee Nix
FillosJohn Carter Cash, Carlene Carter e Rosie Nix Adams
IrmánsHelen Carter e Anita Carter
Na rede
IMDB: nm0141745 Allocine: 27025 Allmovie: p11572 IBDB: 413230
Last fm: June+Carter+Cash Musicbrainz: 4ee75011-678b-46e0-b8e1-8ef47e5b7379 Songkick: 62281 Discogs: 274754 Allmusic: mn0000838300 WikiTree: Carter-10370 Find a Grave: 7446405 Deezer: 5096 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Valerie June Carter Cash, nada en Maces Spring (Virxinia) o 23 de xuño de 1929[1] e finada en Nashville o 15 de maio de 2003,[2] foi unha cantante compositora, actriz, cómica e filántropa estadounidense. Tocaba a guitarra, o banxo e a autoarpa. Carter Cash gañou cinco premios Grammy e foi incluída no Salón da Fama da Música Cristiá en 2009.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

June Carter Cash naceu como Valerie June Carter en Maces Spring, Virxinia, filla de Maybelle Carter (de solteira Addington) e Ezra Carter. Os seus pais eran intérpretes de música country e comezou a actuar con Carter Family desde os dez anos en 1939. En marzo de 1943, xunto coa súa nai e as súas irmás Helen e Anita formaron o grupo Mother Maybelle and the Carter Sisters. A pesar de non posuír o talento vocal das súas irmás desenvolveu un don especial para a comedia.[4]

En 1950 integrouse no grupo Opry, formado por diversos artistas que facían xiras. Alí a familia fíxose amiga de Hank Williams, Elvis Presley e Johnny Cash, con quen comezou a establecer unha complicada relación. Coa súa complexión delgada, June con frecuencia optaba polas actuacións cómicas do grupo, ao lado de estrelas como Faron Young e Webb Pierce.

Casou tres veces, primeiro co cantante de honky tonk Carl Smith o 9 de xullo de 1952, de quen se divorciou en 1956. Tiveron unha filla, Rebecca Carlene Smith.[5] O 11 de novembro de 1957 casou co camioneiro Edwin «Rip» Nix, con quen tivo outra filla, Rozanna (Rosie Nix Adams). Divorciáronse en 1966. Ambas as dúas fillas son cantantes.

Naqueles momentos June e a súa familia actuaban frecuentemente con Johnny Cash. En 1968 Cash pediulle matrimonio publicamente durante un concerto e casaron o 1 de marzo en Franklin, Kentucky.[6] A parella tivo un fillo dous anos máis tarde, John Carter Cash, tamén cantante e compositor. A relación entre June e Johnny foise vendo afectada pola caída de Cash na drogadicción e o alcoholismo, dos que logrou recuperarse grazas á axuda de June e da súa familia.

En 1997 participou como actriz no filme The Apostle, de Robert Duvall.

June faleceu o 15 de maio de 2003 en Nashville (Tennessee), polas complicacións que seguiron a unha operación a corazón aberto.[2] O seu marido faleceu tan só catro meses máis tarde e a súa filla Rosie un mes despois que Johnny Cash. Os tres foron enterrados xuntos nos Hendersonville Memory Gardens preto do seu fogar en Hendersonville, Tennessee.[7]

O seu último álbum, Wildwood Flower, lanzouse postumamente en 2003 e gañou dous premios Grammy.[8] Contén extractos da filmación das sesións de gravación que tiñan lugar na propiedade familiar dos Carter en Hiltons, Virxinia.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Álbums con Johnny Cash[editar | editar a fonte]

Legado[editar | editar a fonte]

En 2003, Country Music Television incluíu a Carter na súa lista das "40 mellores mulleres da música country".[9]

June Carter foi interpretada por Reese Witherspoon en Walk the Line, unha película biográfica de 2005 de Johnny Cash (interpretado por Joaquin Phoenix). A película centrouse en gran medida no desenvolvemento da súa relación ao longo de 13 anos, desde o seu primeiro encontro até a aceptación da súa proposta de matrimonio. Witherspoon interpretou todas as voces para o papel, cantando moitas das famosas cancións de June, incluíndo "Juke Box Blues" e "Jackson" con Phoenix.[10] Witherspoon gañou un Óscar, un Globo de Ouro, un BAFTA e un premio do Sindicato de Actores á mellor actriz no papel.[11]

A música e actriz Jewel interpretou a June Carter Cash no telefilme Ring of Fire, que se estreou en maio de 2013. A película está baseada nas memorias de John Carter Cash, Anchored in Love: An Intimate Portrait of June Carter Cash.[12]

June foi interpretada por Erin Beute na película para televisión de 2019 Patsy & Loretta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Root dig - June Carter Cash in the 1930 US Census". marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21/09/2013. Consultado o 21/01/2022. 
  2. 2,0 2,1 Ratliff, Ben (16 de maio de 2003). "June Carter Cash, a Fixture In Country Music, Dies at 73". The New York Times (en inglés) (Nova York). ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  3. "Awards". Christian Music Hall of Fame and Museum. 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  4. Bufwack, Mary (1998). Kingsbury, Paul, ed. The Encyclopedia of Country Music - Carter Sisters. New York: Oxford University Press. p. 85. 
  5. "Marriage - Johnny Cash and June Carter Cash" (profile). About. 
  6. Downey, Ryan J. Country Star June Smith First Wife Carl Smith 73. MTV.com. 2003-05-15. Arquivado 09 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  7. "Cash Buried Near Nashville". Fox News (en inglés). 2003-09-15. Consultado o 2018-01-24. 
  8. "Artists - June Carter Cash" (biography). CMT. 
  9. Staff 28/8/2002, CMT com. "Anunciaron as 40 mellores mulleres". CMT News. Consultado o 2020-10-04. 
  10. Moon, WS To The. "Tokyoslot88: Situs Daftar Judi Slot Online ; Agen Judi Slot Gacor". www.culinarias.net (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  11. "Premios por Walk the Line". IMDb. 
  12. "Jewel Will Play June Carter. Cash in TV Movie" (en inglés). 6 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 28 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]