Julius Fučík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julius Fučík
Julius Fučík 2.gif
Julius Jaroslav Fučík
Datos persoais
Nacemento23 de febreiro de 1903
 Praga
Falecemento8 de setembro de 1943
 Berlín
OrganizaciónPartido Comunista de Checoslovaquia
PaiKarel Fučík
CónxuxeGusta Fučíková
Alma máterUniversidade Carolina de Praga
ProfesiónPolítico e xornalista
Na rede
IMDB: nm0297312 Discogs: 2324660 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Julius Fučík, nado en Praga o 23 de febreiro de 1903 e asasinado en Berlín o 8 de setembro de 1943, foi un xornalista checoslovaco, membro destacado do Partido Comunista de Checoslovaquia e parte do movemento de resistencia durante a ocupación nazi. Encarcerado polos nazis e torturado foi finalmente asasinado por eles converténdose nun mártir e heroe durante o réxime comunista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Julius naceu no barrio obreiro de Smíchov en Praga o 23 de febreiro de 1903 dentro dunha familia da clase traballadora, amante do teatro, xa desde neno actuou en obras teatrais de afeccionados do seu barrio. En 1913, cando tiña dez anos, a súa familia ten que trasladarse a Plzeň, unha cidade industrial a 90 km de Praga, onde o pai atopara traballo nas fábricas de Skoda, Julius entrou no instituto da cidade e en 1915 escribiu e editou un único número dunha revista escolar, Slovan. En 1919 produciuse un feito significativo na súa vida cando abandona formalmente a Igrexa católica. En 1920 entrou no Partido Socialdemócrata dos Traballadores Checoslovacos e cando del se escindiu o Partido Comunista Julius tamén o fai. Ó rematar o bacharelato, Julius, volta a Praga para estudar na facultade de filosofía da Universidade Carolina ó tempo que traballa como auxiliar de oficina e escribe sobre todo de temas culturais para o semanario Pravda, o órgano do PCC de Plzeň e desde 1925 escribe para o Rudé Právo, o órgano central do PCC. En 1926 accede á dirección da revista literaria Kmen e colabora en Tvorba, cando en 1928 o goberno checoslovaco prohibe as publicacións do PCC consegue acceder á dirección de Tvorba e convertela nun órgano oficioso do PCC. En 1929 deixou a dirección de Kmen.

En 1930 realizou unha viaxe de catro meses pola Unión Soviética, as reportaxes que escribiu nesa viaxe apareceron en libro co título de V zemi, kde zítra již znamená včera (No país onde mañá significa xa onte, 1932). Entre 1932 e 1933 Julius realizou o servizo militar en Eslovaquia. En 1934 vai a Moscova como correspondente do Rudé Právo, despois dun período no que se viu fustrigado polas autoridades, os artigos desta época foron publicados postumamente en libro co título de V zemi milované (No país amado, 1949).

Fučík realizou unha viaxe clandestina a Múnic en xullo de 1934 para observar a situación na Alemaña nazi. Despois do goberno checo prohibir o 30 de setembro de 1938 tódalas actividades do PCC, Fučík seguiu publicando na prensa artigos con alcumes diversos, son artigos que co pretexto de temas históricos fai un chamado á vontade de loita do pobo checo. A creación do Protectorado de Bohemia e Moravia o 15 de marzo de 1939 supuxo a entrada das tropas alemás en Chequia e que a fins de maio Fučík buscase a seguridade do fogar familiar en Chotimêrê. Tras saber que a Gestapo andaba detrás del marchou de novo a Praga, vivindo na clandestinidade en pisos de amizades e militantes da rede clandestina do PCC.

Detención e asasinato[editar | editar a fonte]

Cando a dirección clandestina do interior do PCC foi detida en xuño de 1941, Jan Zika foi o encargado de dirixir un novo equipo e encargou a Fučík a dirección da propaganda, conseguiu editar na clandestinidade o Rudé Právo, de forma mensual, asemade foi o principal responsable doutras 5 revistas clandestinas. O 24 de abril de 1942 Fučík foi detido pola Gestapo, na cadea escribiu Reportáž psaná na oprátce (Reportaxe ó pé da forca) que foi publicado en 1947, aínda que a versión integra non se publicou ata 1995, xunto a parte na que contaba como sucumbiu á tortura. Julius foi condenado por alta traizón e condenado a morte, sentenza que se cumpriu o 8 de setembro de 1943.