Juan de Sola Vollbrecht
(2020) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1970 Madrid, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
Juan de Sola Vollbrecht, nado en Madrid o 30 de xuño de 1970, é un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo estudos de Traballo Social e Filoloxía Hispánica na Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Ao longo da súa traxectoria estivo vinculado a Radio España Vigo, Radio Municipal de Tui, Antena Louro Radio (O Porriño) ou Radio ECCA.
Foi correspondente da Axencia EFE en Pontevedra. Desde o 2017 é asesor internacional de AMARC ALC. En 2023 creou a ONG BIG Radio. E, no ano 2008, fundou e foi presidente da organización non gobernamental AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.[1] Impulsou o proxecto de radio do Centro penitenciario da Lama, premiado coa Medalla ó Mérito Penitenciario (2009).[Cómpre referencia] Participou en diferentes proxectos de cooperación e en países como a Arxentina, o Uruguai, Marrocos, Ecuador, Guinea Ecuatorial, O Salvador, Nicaragua ou Honduras.[1]
Está integrado na redacción de programas e informativos en Onda Cero Galicia. Coordina tamén o programa Contraparte[2], dedicado ós dereitos humanos e a solidariedade. Escribe periodicamente no seu blog.[3] e PontevedraViva [4]
Obra escrita publicada
[editar | editar a fonte]- Entre los muros del olvido (2025). Libros del Futuro. [2][3]
- La cara más dura de la esperanza (2014). Libros del futuro.[5][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla o Mérito Penitenciario (2009). Ministerio do Interior.[Cómpre referencia]
- Folla de Prata (2007). Concello de Cambados.[Cómpre referencia]
- Mención Especial Agara. Asociación Radiodifusión Galega.[Cómpre referencia]
- III Edición Premio Nacional Daphne (2000).[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 AGARESO
- ↑ Contraparte Onda Cero.
- ↑ http://juandesola.org
- ↑ [1]
- ↑ Conde, María (22/1/2014). "«"La cara más dura de la esperanza" también se ve aquí»". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 157. ISBN 84-8064-113-4.