Juan Mari Lekuona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Mari Lekuona

(1989) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan María Lekuona Berasategi Editar o valor em Wikidata
11 de novembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Oiartzun, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , sacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPrimitiba Lekuona Berasategi (en) Traducir, Julen Lekuona Berasategi (en) Traducir e Andoni Lekuona Editar o valor em Wikidata

Inguma: juan-mari-lekuona-berasategi-1927-2005 Literaturaren Zubitegia: 84 Dialnet: 620411

Juan Mari Lekuona Berasategi, nado en Oiartzun, Guipúscoa en 1927 e finado en Donostia o 5 de decembro de 2005, foi un poeta vasco en lingua éuscara e estudoso da literatura oral nesta lingua.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Manuel Lekuona, presidente da Academia da Lingua Vasca. Estudou no Seminario de Vitoria e na Universidade Gregoriana de Roma. En 1953, foi ordenado sacerdote.[2] Despois dunha estadía en Roma, onde presentou a súa tese, foi nomeado párroco en Añorga, preto de Donostia. Naqueles días, leu a Gabriel Aresti, que foi o orientou na súa obra poética no sentido de compromiso social. Nesta liña é o seu primeiro libro, Mindura gaur. Despois abandonaría a poesía social, en encamiñando o seu traballo lírico para outros cursos, como Muga Beroak (Límites Quente, 1973). Teñen unha gran relevancia os seus estudos sobre a bertsolaritza. Ingresou na Academia da Lingua Vasca como académico de número en 1988. Obtivo varios premios pola súa carreira literaria, incluíndo dous Premios Euskadi de Literatura, en 1979 e 1990.[3]

Desde a procura do sentido do home e do mundo, cunha fonda raíz panteísta, evolucionou cara a un surrealismo existencia, cun estilo reflexido dándolle unha grande musicalidade ao texto. Máis adiante hai un maior hermetismo no uso das imaxe, mais sen deixar o humanismo tentando conxugar a tradición e a vangarda.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Mindura gaur (1966). Apaiztegia.
  • Muga beroak (1973). Gero. (Cálidas fronteiras)
  • Ilargiaren eskola (1979). Erein. (Na escola da lúa)
  • Mimodramak eta ikonoak (1990). Erein. (Mimodramas e iconas)
  • Ibilaldia (1996). EHU. (Itinerario)
  • XX. mendeko poesia kaierak - Juan Mari Lekuona (2000). Susa.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ahozko euskal literatura (1982). Erein. (Literatura vasca oral)
  • Ikaskuntzak Euskal Literaturaz (1974-1996) (1998). Deustuko Unibertsitatea. (Estudos de Literatura Vasca)

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • 1685eko Kopla Zaharrak (1992). Eibarko Udala.
  • Oiartzungo kantutegia (1999). Oiartzungo Udala. (Cancioneiro de Oiartzun)

Biografías[editar | editar a fonte]

  • Manuel Lekuona (1894-1987) (1988). Eusko Jaurlaritza.
  • Manuel Lekuona Etxabeguren (1995). Eusko Ikaskuntza.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1950 e 1951: Premio Santo Tomás en 1950 e 1951.[5]
  • 1979: Premio Euskadi de Literatura, por Ilargiaren eskolan.
  • 1990: Premio Euskadi de Literatura, por Mimodramak eta Ikonoak.
  • 1996: Premio literatura Arantzazu, por Mundura Gaur.
  • 1998: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EAJ-PNV. "Fallece Juan Mari Lekuona". EAJ PNV (en castelán). Consultado o 2020-12-14. 
  2. "Lekuona Berasategi, Juan Mari - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en inglés). Consultado o 2020-12-14. 
  3. "Biografía de Juan María Lekuona (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2020-12-14. 
  4. "Juan Mari Lekuona". www.epdlp.com. Consultado o 2020-12-14. 
  5. "Juan Mari Lekuona, poeta y miembro de número de la Academia de la Lengua Vasca elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2020-12-14. 
  6. "Premios Rosalía de Castro 2012 para Esther Vázquez, Jose Viale Moutinho, Enric Casasses e Miren Agur Meabe". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-12-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]