Manuel Lekuona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Lekuona
Manuel Lekuona (cropped).jpg
Nome completoManuel Lekuona Etxabeguren
Nacemento9 de febreiro de 1894
Lugar de nacementoOiartzun
Falecemento30 de xullo de 1987
Lugar de falecementoOiartzun
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónescritor, sacerdote e lingüista
IrmánsMartin Lekuona
PremiosCross of the Tree of Guernica e Prémio Manuel Lekuona
Na rede
Inguma: manuel-lekuona-etxabeguren-1894-1987 Literaturaren Zubitegia: 295
editar datos en Wikidata ]

Manuel Alejandro Lekuona Etxabeguren, nado en Oiartzun o 9 de febreiro de 1894 e finado en Oiartzun o 30 de xullo de 1987,[1] foi un lingüista, escritor e académico da lingua éuscara, director da Euskaltzaindia e estudoso da literatura oral e popular en éuscaro. Era tío de Juan Mari Lekuona.

Infancia e xuventude[editar | editar a fonte]

Naceu no casarío Etxetxiki (casa pequena) de Oiartzun (Guipúscoa) o 9 de febreiro de 1894. Era sobriño de Miguel Antonio Iñarra Mitxelena (1864-1898), sacerdote, escritor en lingua éuscara e lingüista que colaborou con Resurrección María de Azkue na revista Euskaltzale, feitos que influíron na súa decisión de tomar o hábito no seminario de Lekuona e comezar os seus escritos. Estudou a bertsolaritza, a fala dialectal e o patrimonio oral e etnolóxico local.

Estudos e primeiros traballos[editar | editar a fonte]

Estudou con José Miguel de Barandiarán dende 1904 e en 1914 foi para o seminario, onde escribiu coa colaboración do seu irmán Martín a obra de teatro Eun Duka, que se lanzaría no círculo Xuventude Integrista de Donostia, que máis tarde, en 1921 sería publicada na revista Antzerti. Traballou no campo da poesía e en 1915 foi nomeado profesor da materia en éuscaro para a diocese.

Seminario de Vitoria e guerra civil española[editar | editar a fonte]

A partir de 1916 a 1936 foi profesor de lingua e literatura vasca no Seminario de Vitoria, colaborou na Eusko Folklore como un membro da Eusko Ikaskuntza, e en 1933 publicou Gabon Kantak. En 1930, no Quinto Congreso de Estudos Vascos presentou o relatorio Poesía popular vasca, destacando como investigador no campo das cancións populares. En 1935, publica Literatura oral euskérica na colección Zabalkundea e traduce ó dialecto de Guipúscoa obras orixinais en laborano de Barbier e Larzabal Akillomendi.

Ó estalar en 1936 a guerra civil española, dous dos seus irmáns foron fusilados, e el foi perseguido, pero o sacerdote das Brígidas de Lasarte, Antonio Abauntz agochouno na súa casa, onde permanecería refuxiado ata 1941. Durante este período, investiga a historia eclesiástica de Lasarte, escribe tres monográficos sobre este convento, a igrexa parroquial do concello do Oiartzun antigo.

Exilio[editar | editar a fonte]

En 1941 foi exiliado a Calahorra, onde permanecerá ata 1955. En 1948, aparece o seu traballo Iesu Aurraren bizitza, que será publicada máis tarde na revista da Euskaltzaindia. Da súa estadía en Calahorra destacan as seguintes obras:

  • La catedral de Calahorra
  • La parroquia de Santiago de Calahorra
  • Naturaleza de los Santos Mártires de Calahorra

En 1950, foi nomeado académico de número da Euskaltzaindia e pronuncia o seu discurso Gorotzika'tik Gurutzeaga'ra en Pamplona. A mesma Euskaltzaindia encárgalle a cuarta reedición de Gero de Pedro de Axular que prologou (1954). Colaborou na revista Egan con poemas como:

  • I. Belenen
  • II. Bizia Maite-irria
  • III. Tanzlied

O retorno ao País Vasco[editar | editar a fonte]

En 1956, regresa a Andoain, onde é recibido polos xesuítas e onde permanecería até 1975. Son os seus anos máis activos, pulando pola difusión da cultura vasca e o estudo de historia eclesiástica. O Concilio Vaticano II deulle máis tarefas, porque admitiuse o uso das linguas vernáculas na liturxia e é nomeado Director do equipo de tradutores de Textos Litúrxicos en éuscaro. El publicou dous traballos metodolóxicos de grande importancia na investigación:

  • Escollos de nuestra historiografía
  • Euskalerria Historiaren sarreran

Colabora a través da publicación de artigos no Boletín da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, na revista Egan publica Jesusen jaiotza edertian, Romanikoa Gipuzkoan e Orixeren Euskaltzaindia sartzea. Tamén publicou estudos e artigos sobre a historia e folclore en Euzko Gogoa, Gure Herria, Revista Internacional de Estudios Vasco, Euskalarriaren Alde, Eusko-Folclore, Euskera, El Bidasoa, Rioja, Oiarso, Príncipe de Viana, Berceo, Anuario del Seminario de Filología Vasca "Julio de Urquijo", Munibe, Kardaberaz Bazkuna, Jaunaren Dixo, Aránzazu, Estudios de Deusto, Fontes Linguae Vasconum, Cuadernos de Etnología y Etnografía de Navarra, Cuadernos de Sección "Hizkuntza eta Literatura" , e Artes Plásticas y Monumentales de Eusko Ikaskuntza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Auñamendi sobre Manuel Lekuona