Saltar ao contido

Juan Miguel Diz Guedes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Manuel Diz Guedes»)
Modelo:BiografíaJuan Miguel Diz Guedes
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Conselleiro da Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural e do Mar
2001 – 2004
← Cástor GagoJosé Antonio Santiso Miramontes →
Conselleiro da Xunta de Galicia Consellería de Relacións Institucionais
2000 – 2001
Delegado do Goberno en Galicia
1996 – 2000
← Domingo García-SabellArsenio Fernández de Mesa →
Conselleiro da Xunta de Galicia Consellería de Xustiza e Interior
1993 – 1996
← Juan Luis Pía MartínezXesús Palmou →
Alcalde de Tui
1987 – 1990
← Ángel Álvarez DuránJosé Luís Gómez Núñez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de


Juan Miguel Diz Guedes, nado en Tui o 24 de outubro de 1953, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito, foi alcalde de Tui (1987-1990) por Unión Tudense, deputado no Parlamento de Galicia (1990-1996) polo PPdeG, conselleiro de Xustiza e Interior (1993-1996). En maio de 1996, foi designado Delegado do Goberno en Galicia, cargo que exerceu ata que foi nomeado, en xuño do 2000, conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais. Desencadeada a denominada crise das vacas tolas, asumiu a titularidade da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2001-2004) tras o cesamento de Cástor Gago. Regulou as agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia (Decreto 91/2001 de 19 de abril), redactou o proxecto de lei polo que se regula a promoción e defensa da calidade agroalimentaria, reformou a Lei de Concentración Parcelaria mediante a Lei 1/2001, do 10 de setembro, aumentou a superficie cualificada para proxectos de agricultura ecolóxica, elaborou a Estratexia galega de desenvolvemento rural cubrindo a totalidade do territorio con programas xestionados por grupos de acción local coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, creada durante o seu mandato, e formulou o Programa de Investigación e Desenvolvemento Agrario[1]

A raíz do afundimento do Prestige, Diz Guedes é dos conselleiros que se posicionaron con Xosé Cuíña a favor dunha acción autónoma fronte ao Goberno central e a dirección nacional do Partido Popular. Isto marcou o inicio do seu declive político. Un ano despois, renunciou á súa carteira de conselleiro e, en setembro de 2006, anunciou a súa baixa do Partido Popular tras 16 anos de militancia.[2]

Continuou a súa actividade política en Tui, e foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 2007 por Tudense Unidos Independentes, manténdose na corporación ata 2011. En 2018 afiliouse a Cidadáns, e nas municipais de 2019 foi elixido concelleiro na lista electoral dese partido, encabezada por el. En xuño de 2020 anunciou que deixaba a vida política por motivos persoais[3].


Predecesor:
Ángel Álvarez Durán
 
Alcalde de Tui
 
1987-1990
Sucesor:
José Luís Gómez Núñez
Predecesor:
Juan Luis Pía Martínez
 
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
1993-1996
Sucesor:
Xesús Palmou
Predecesor:
'
 
Conselleiro de Relacións Institucionais
 
2000-2001
Sucesor:
'
Predecesor:
Cástor Gago
 
Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
 
2001-2004
Sucesor:
José Antonio Santiso Miramontes
Predecesor:
Domingo García-Sabell
 
Delegado do Goberno en Galicia
 
1996-2000
Sucesor:
Arsenio Fernández de Mesa
  1. Galicia 2003, Xunta de Galicia pp. 357 a 370. ISBN 84-453-3459-X
  2. "Diz Guedes abandona el PPdeG tras dieciséis años de militancia". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-29. 
  3. "El exconselleiro Diz Guedes anuncia su retirada de la política". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-04. Consultado o 2020-06-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]