Juan López Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan López Mella
Nacemento12 de abril de 1965
 Lugo
Falecemento10 de maio de 1995
 Albacete
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de motociclismo
editar datos en Wikidata ]

Juan Manuel López Mella, nado en Lugo o 12 de abril de 1965 e finado en Calafat o 10 de maio de 1995, foi un piloto galego de motocicletas.

Inicios[editar | editar a fonte]

Comezou practicando motocrós en Rubiás, preto da súa cidade natal, nun circuíto de monte comunal no que está permitido rodar pero que non conta con ningún tipo de mantemento. Este circuíto conta cun chan de grava que fai que nunca haxa barro, e que é ideal para rodar co chan mollado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou participando nas Motociclismo Series cunha Ossa Copa F3, con Leite RAM como primeiro patrocinador. En 1987 foi subcampión de España de 250 cc, participando no Campionato do Mundo de Motociclismo de 250 cc, no Gran Premio de España cunha Yamaha. Finalmente participou en dúas probas. Ao ano seguinte participou tamén en dúas probas do campionato de 250 cc, desta volta con Honda, substituíndo ao lesionado Carlos Cardús nos grandes premios de Italia e Alemaña.

En 1989 comezou no Mundial de 500 cc cunha Honda, disputando 10 probas. Tivo como patrocinadores á Xunta de Galicia e Galicia Calidade. En 1990 Disputou o Campionato do mundo de Superbikes cunha RC-30 co patrocinio de Nivea, quedando finalmente no posto 38º e gañando dous Campionatos de Europa. En 1991 foi Campión de España de Superbikes[1] e 16º no mundial. En 1992 foi de novo campión de España de Superbikes,[1] e regresou ao Mundial de 500 cunha ROC Yamaha 500, participando en 5 GP.

En 1993 participou en 14 probas do Mundial de 500 cc, finalizando a temporada con 46 puntos no posto 12º (mellor piloto privado).[2] Ao ano seguinte participou en só 10 probas do Campionato do Mundo de 500 cc, rematando de 16º con 26 puntos. No último GP, o GP de Europa disputado en Montmeló correu cunha Suzuki oficial, clasificouse no posto 13º.

En 1995 comezou a súa participación no Campionato Thunderbike. A súa carreira viuse truncada o 10 de maio dese ano, ao falecer nun accidente de tráfico, cando se dirixía ao circuíto de Calafat para facer probas co Team Arbizu.[3]

Museo[editar | editar a fonte]

Existe un museo sito en Lugo na Rúa Perpetuo Socorro nº 34, co nome de Museo López Mella onde se expoñen os trofeos que gañou ao longo da súa carreira deportiva, as motos coas que competiu e demais equipamento, destacando como peza principal unha motocicleta Honda RC-30 coa que conseguiu o Campionato de España de Superbikes en dúas ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Campións de España de Velocidade" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  2. "López Mella, el mejor privado". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de marzo de 1994. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  3. "Luto en las dos ruedas" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 12 de maio de 1995. Consultado o 15 de xuño de 2019.