Ángel Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Nieto Roldán
Ángel Nieto.jpg
Informacións
NomeÁngel
ApelidoNieto Roldán
Data de nacemento 25 de xaneiro de 1947
Data de falecemento3 de agosto de 2017 (70 anos)
País España España
Carreiras 186
Primeira carreira Gran Premio de España de 50cc de 1964
Última carreira Gran Premio de Baden-Württemberg de 80cc de 1986
Vitorias 90
Primeira vitoria Gran Premio de Alemaña de 50cc de 1969
Última vitoria Gran Premio de Francia de 80cc de 1985
Último equipo
Vehículos
Derbi (1969-1972)
Kreidler (1975)
Bultaco (1976-1977)
Minarelli (1979-1981)
Garelli (1982-1984)
Principais vitorias
1969, 1.º en 50cc
1970, 1.º en 50cc
1971, 1.º en 125cc
1972, 1.º n 50cc
1972, 1.º en 125 cc
1975, 1.º en 50cc
1976, 1.º en 50cc
1977, 1.º en 50 cc
1979, 1.º en 125cc
1981, 1.º en 125cc
1982, 1.º en 125cc
1983, 1.º en 125cc
1984, 1.º en 125cc

Ángel Nieto Roldán nado en Zamora o 25 de xaneiro de 1947 e finado en Eivissa o 3 de agosto de 2017[1], foi un piloto de motociclismo español que chegou a conquistar 13 campionatos do mundo en diferentes categorías na disciplina de velocidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Zamora, cando só contaba cun ano de vida os seus pais trasládanse a Madrid, onde comeza o seu percorrido deportivo aos 13 anos, en carreiras de aficionados. Sen medios para adquirir unha motocicleta coa que participar en competicións oficiais, trasládase a Barcelona, conseguindo entrar en Bultaco. Despedido por abandonar sen permiso o posto de traballo, logra entrar en Ducati, onde permanece ano e medio, competindo no equipo Derbi-Zippo. Aos 16 anos, entra no departamento de probas de Derbi, e pouco despois consegue unha motocicleta de 50 cc. Case sen experiencia, gaña en 1969 os seus dous primeiros Grandes Premios. Iniciase así unha traxectoria por diferentes equipos: Derbi, Morbidelli, Kreidler, Minarelli, Garelli e Bultaco), que ten o seu fin en 1986, obtendo seis Campionatos do Mundo en 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977), sete en 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e catro subcampionatos. Durante os case vinte anos, gañou 90 grandes premios (27 en 50cc, 62 en 125cc e 1 en 80cc) e 23 Campionatos de España en diferentes cilindradas. Porén non tivo moito éxito nas súa incursión en cilindradas superiores, como en 250cc.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1975, causou con Pepa Aguilar con quen tivo 2 fillos, Ángel Nieto Jr (1976) Pablo Nieto (1980). Separáronse 15 anos despois, ao coñecer á pilota Belinda Alonso, coa que tivo o seu terceiro fillo, Hugo (1999). E o tío tamén do piloto Fonsi Nieto (1978)

Retirada do motociclismo[editar | editar a fonte]

Logo da súa retirada del motociclismo activo, a principios de 1987 formou o equipo "Team Ducados Ángel Nieto", do que formaron parte Carlos Cardús, Alberto Puig e Julian Miralles. O equipo foi disolto en outubro de 1988.

Foi desde este momento en que compaxinou a dirección deportiva coa de comentarista de televisión. En 1998 pasou a ser director técnico do Vía Digital Team. En 1999, un dos seus pilotos, o ilerdense Emilio Alzamora, gañou o Campionato do Mundo de 125 centímetros cúbicos.

Algúns dos seus familiares tamén seguen unidos ao motociclismo, como os fillos Gelete e Pablo, e o seu sobriño Fonsi que participan ou teñen participado en probas do campionato do mundo.

Pioneiro[editar | editar a fonte]

Ángel Nieto foi un supersticioso (triscaidecafobia). Foi coñecido por referirse a seus trece títulos mundiais como "doce máis un". Nos seus autógrafos e asinamentos aos afeccionados, firmaba como: "Ángel Nieto 12+1". Considerado un dos mellores pilotos do motociclismo español e un auténtico pioneiro, foi o mestre da nova rexeneración de pilotos españois que comenzou a destacar na escena motociclista internacional a finais da década dos oitenta.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Recibiu unha gran cantidade de galardóns ao longo da súa carreira. Os máis salientables son a Gran Cruz ao Mérito Civil, a Orde Olímpica e a Gran Cruz da Real Orde ao Mérito Deportivo. A comezos de febreiro de 1996 o Comité Olímpico Español presentouno como candidato ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte. A cidade de Madrid dedicoulle un museo, o Museo Ángel Nieto (moi preto ao Parque de Enrique Tierno Galván), onde poden verse algunhas das súas motos, cascos e trofeos. Na súa cidade natal dedicáronlle unha rúa e un pavillón deportivo.

Accidente en quad e morte[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo de 2017, sufriu un grave accidente ao conducir un quad en Eivissa, e foi trasladado cara á Policlínica Nosa Señora do Rosario. Foi operado durante máis de dúas horas e quedou en "estado grave, pero non crítico", segundo fontes do mesmo recinto. Con todo, o 3 de agosto de 2017, a mesma policlínica informou de que a súa condición se deteriorou gravemente debido a un edema cerebral masivo. Morreu aquela tarde.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]