Juan Francisco Lezama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lezama
Información persoal
Nome Juan Francisco Lezama García
Nacemento 24 de maio de 1916
Lugar de nacemento Bilbao
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943–1945 Deportivo da Coruña 24 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan Francisco Lezama García, nado en Bilbao o 24 de maio de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1943–44 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros esa campaña no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse con gol na xornada 23, nunha vitoria fronte ao Celta de Vigo no vello campo de Riazor (3–2). Volvería xogar na xornada seguinte, tamén con gol, pero esta vez cun resultado desfavorable contra o Real Oviedo a domicilio (4–2). Nesa campaña compartiu suplencia na dianteira xunto con José Gutiérrez Verdín e Vicente Valle.

Na tempada 1944–45 foi titular en 22 encontros, conseguindo 2 goles. Formou parte da dianteira xunto con José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]