Juan Casares Long

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Casares Long
Datos persoais
Nacemento1950
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campoquímico e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Juan José Casares Long, nado na Coruña en 1950, é un químico galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende o 2010 ata 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1972 licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse na mesma especialidade na Universidade Autónoma de Barcelona e en enxeñaría química na Universidade de Salford (Manchester, UK).

Durante a primeira metade da década dos oitenta foi profesor na Universidade Rei Fahd de Petróleo e Minerais (KFUPM), en Dhahran (Arabia Saudita), ata que no ano 1984 regresa para impartir docencia na Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 1988 obtivo a cátedra de Enxeñería Química na Universidade de Sevilla, e posteriormente na Universidade de Cantabria. En 1993 foi nomeado director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e posteriormente, ao deixar este posto, director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997). En 2001 deixa ese cargo e dedícase por completo á universidade compostelana.

No ano 2006 presentouse como candidato independente a reitor,[1] pero foi derrotado polo daquela candidato a estender o mandato, Senén Barro quen contaba co apoio das plataformas. En 2010, Casares Long presentouse de novo como candidato á fronte dunha candidatura independente, e venceu tanto na primeira como na segunda volta das eleccións a reitor, neste caso ao candidato Lourenzo Fernández Prieto, acadando o 57% dos votos ponderados.[2]

En 2017, foi nomeado novo membro no comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía do Reino Unido.[3]


Predecesor:
Senén Barro
 USClogotipo.gif
Reitor da Universidade de Santiago
 
2010 - 2014
Sucesor:
Juan Viaño

Notas[editar | editar a fonte]