Juan Carlos Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos Piñeiro Docampo
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
San Cibrao, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)
Período14 de xaneiro de 2017 – 
AntecesorXoán Bascuas
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCompromiso por Galicia (2015–presente)
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: pidocampo Editar o valor em Wikidata

Juan Carlos Piñeiro Docampo, nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, é un sindicalista de UGT e político galego de Compromiso por Galicia (CxG), compoñente do Consello do PDE/EDP. No congreso de Compromiso por Galicia celebrado en xaneiro de 2017 foi escollido como Secretario Xeral da formación galeguista, cargo no que continúa na actualidade.[1] Resultou reelixido con amplo respaldo no III Congreso de CxG, celebrado o 22 de setembro de 2019.[2] Tamén desenvolve actividade como consultor político e de comunicación.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É técnico en Prevención de riscos laborais e asesor en materia laboral. Foi fundador do colectivo xuvenil “Os farallóns” de San Cibrao do cal foi presidente. Militante do PSdeG-PSOE de Cervo dende os 18 anos, en 1995 foi elixido Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia na Comarca da Mariña e membro do comité provincial do PSOE de Lugo. En 1997 asumiu o Departamento de xuventude da UGT Costa Lucense e participou na fundación da Iniciativa Estudantil Galega da cal foi responsable comarcal ata o ano 2000. Nese mesmo ano foi elixido concelleiro en Cervo do PSdeG-PSOE e foi o portavoz deste grupo no Concello. En 2001 foi elixido secretario de organización da UGT Costa Lucense e no 7º congreso de UGT Costa en 2005 foi elixido secretario Xeral do sindicato, cargo que revalidou en 2009[4].

Abandonou o PSOE logo de aprobar a reforma laboral e a modificación do artigo 135[5], e en 2015 pasou a militar en Compromiso por Galicia, presentándose para a alcaldía nas municipais de 2015 en Burela, sen obter representación. En 2016 foi elixido, mediante primarias abertas, cabeza de lista de CxG ás eleccións autonómicas de 2016 pola provincia de Lugo[6]. En xaneiro de 2017 presentouse como único candidato á secretaría xeral de CxG[7] e no congreso do partido celebrado o 21 de xaneiro foi elixido Secretario Xeral[8][9][10] cun amplo apoio. O 21 de setembro de 2019 no III Congreso Nacional de CxG resultou elixido de novo Secretario Xeral[11].

Logo de vir participando en varios Congresos do Partido Demócrata Europeo, PDE-EDP, o 29 de novembro de 2019, Compromiso por Galicia pasa a ser membro de pleno dereito do EDP, sendo Piñeiro Docampo elixido membro do seu Consello[12]. Fixo o discurso de ingreso en París en lingua galega, como defensa dos idiomas no marco da UE.

Nestes anos de actividade, encabezou dúas delegacións con representación de diversas entidades e asociacións de diversos ámbitos do tecido social galego: empresarios, ambientalistas, autónomos, sindicais... convidadas a presentar as súas iniciativas no Parlamento Europeo[13][14] a través do acordo que Compromiso por Galicia mantén dentro da Coalición da Europa dos pobos co seu socio o EAJ-PNV[15]. Participou como número 3 da lista da coalición CEUS e segue a manter a representación de Izaskun Bilbao.[16]

Foi tamén un dos impulsores e defensores do pacto entre BNG e CxG para as eleccións xerais de novembro de 2019, Pacto que firmou con Ana Pontón en Santiago o 7 de outubro de 2019.[17]

Na eleccións galegas de 2020, seguindo a tese de unidade de acción do galeguismo, impulsou unha coalición a tres entre En Marea, Partido Galeguista e o propio Compromiso por Galicia.[18]

Desde setembro de 2020 colabora nos Faladorios do programa Bos Días da CRTVG no apartado de opinión e debate.[19]

O 12 de novembro de 2020 pasa a formar parte da Cámara de Comercio e Cooperación de Israel e Iberoamérica como Director para os Países de fala portuguesa e para Galicia.[20] co seguinte compromiso "a miña intención e liña de traballo e buscar oportunidades de negocio para as empresa galegas e de Portugal coas empresas de Israel e dos Países membros da Cámara. Tamén implicarme no coñecemento da cultura en ámbalas dúas direccións".[21]

Desde o 1 de febreiro de 2021 está, xunto con outros galeguistas, traballando no impulso da Casa da Lusofonía en Ourense como vehículo de cultura e tamén de economía relacionado coa diplomacia que ofrece o galego como parte da lusofonía. Forma parte da asociación impulsora como consultor e parte da directiva.[22]

O 28 de abril de 2021, nace na Coruña Red Mundo Atlántico[23], unha iniciativa de empresarios de España, unidos coa AEP de Portugal para crear unha organización innovadora na forma de facer negocios e na defensa do eixo atlántico como motor económico, con embaixadores a nivel global. En Red Mundo Atlántico, Piñeiro Docampo, ocupa o cargo de Director Internacional no equipo de dirección[24].

Desde o ano 2021 é o Director de Operacións do evento Mobile Week Ourense, vinculado a Mobile World Barcelona.[25]

Colabora en medios de comunicación galegos con artigos de opinión e relatos[26][27][28][29]. Ten unha sección de opinión fixa en RadioVoz para a provincia de Lugo chamada "O lapis do carpinteiro".[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saúdos do Secretario Xeral de Compromiso por Galicia". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  2. SL, POMBAPRESS. "Compromiso por Galicia propone una candidatura "unitaria" entre fuerzas "con el centro de decisión en Galicia"". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2020-07-18. 
  3. Región, La (2021-02-17). "A Deputación promoverá a creación da “Casa da Lusofonía” con sede en Ourense". La Región (en castelán). Consultado o 2021-03-06. 
  4. Piñeiro Docampo renueva como secretario de UGT-Costa Lucense.
  5. Un foro de militantes del PSOE de A Mariña anuncia que recorrerá la comarca para lograr avales para Manel Vázquez.
  6. "CxG presenta os seus cabezas de lista ás eleccións galegas.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  7. "Juan Carlos Piñeiro, único candidato á secretaría xeral de Compromiso por Galicia". Sermos Galiza. 14 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2019. Consultado o 04 de marzo de 2019. 
  8. Juan Carlos Piñeiro Docampo será elixido hoxe secretario xeral de CxG.
  9. Piñeiro liderará o reinicio de Compromiso por Galicia.
  10. "Juan Carlos Piñeiro, novo Secretario Xeral.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  11. Galiza, Sermos. "O secretario xeral de Compromiso Piñeiro Docampo, aspirante á reelección". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-04. 
  12. "» Política » O mariñán Piñeiro Docampo, formará parte da dirección do Partido Demócrata Europeo EDP-PDECronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense". www.cronica3.com. Consultado o 2019-12-04. 
  13. "Compromiso por Galicia leva ao Parlamento Europeo iniciativas de 13 colectivos galegos.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2019. 
  14. "CxG viaxa ao Parlamento Europeo con delegacións de entidades galegas.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019. 
  15. CxG concurre as eleccións europeas de 2014 co nome de Coalición por Europa, xunto ao PNV, CiU e Coalición Canaria.
  16. Galiza, Sermos. ""A UE ten que ser o grande Estado"". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-04. 
  17. Press, Europa (2019-10-07). "El BNG lleva en sus listas a miembros de CxG tras un pacto para las generales". www.europapress.es. Consultado o 2019-12-04. 
  18. SL, POMBAPRESS. "Pancho Casal lidera la coalición Marea Galeguista, que aspira a entrar en la Cámara para "transformar" Galicia". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2020-07-18. 
  19. "Bos días 9:00 | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-10-23. 
  20. "Juan Carlos Piñeiro na directiva da Cámara de Comercio Multilateral de Israel e Ibero América |". |. 2020-11-12. Consultado o 2021-01-17. 
  21. "Junta Directiva". Cámara Multilateral de Comercio y Cooperación Israel Iberoamérica (en castelán). Consultado o 2021-03-06. 
  22. SL, POMBAPRESS. "La Diputación de Ourense apoyará la creación de la 'Casa da Lusofonía' con sede en la ciudad de As Burgas". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-03-06. 
  23. "Red Mundo Atlántico || Rede Mundo Atlântico". www.redmundoatlantico.com. Consultado o 2021-05-07. 
  24. "Un centenar de empresarios funda la red Mundo Atlántico para generar negocios Por EFE". Investing.com Español (en castelán). Consultado o 2021-05-07. 
  25. Región, La (2021-11-22). "Juan Carlos Piñeiro: "A nosa función é achegar os cambios tecnolóxicos a toda cidanía"". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-03. 
  26. Galicia Confidencial - Artigos de opinión.
  27. "Sermos Galiza - Artigos de opinión.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  28. Praza.gal - Artigos de opinión.
  29. Pontevedra Viva - Artigos de opinión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]