Saltar ao contido

José María Fenollera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Fenollera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1851 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
AlumnosRoberto González del Blanco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1217158

José María Fenollera Ibáñez, nado en Valencia o 10 de decembro de 1851 e finado en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1918, foi un pintor español, coñecido especialmente polos seus retratos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato de Rosalía de Castro.

Estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal. Entre 1872 e 1877 estudou en Roma cunha bolsa da Deputación de Valencia canda a outros pintores como Sorolla ou Pinazo. Tras pasar por París para aprender a técnica do fotogravado, instalouse en Madrid, onde realizou cartóns para a Real Fábrica de Tapices e contribuíu á decoración do extinto Café de Fornos. En 1887 trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixou a súa residencia e exerceu como catedrático na Escola de Belas Artes e mantivo unha estreita relación co movemento rexionalista.

Desta época destaca a súa actividade como retratista, pintando a personaxes tan célebres como Alfredo Brañas, Rosalía de Castro, Montero Ríos, José Carvajal Hué ou o cardeal Payá, e os sucesivos presidentes da Sociedade Económica de Amigos do País compostelá. Amais, pintou os frescos do paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela[1] cos bosquexos de Urbano González Varela. Acadou a medalla de ouro, con diploma de honor, na Exposición Rexional de 1909[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Manuel García Iglesias (28 de decembro de 2006). "José María Fenollera". El Correo Gallego (en castelán). 
  2. Alfonso Fernández-Cid Fenollera (23 de agosto de 2006). "Urge restaurar las pinturas de Fenollera". El Correo Gallego (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]