José Manuel García Naranjo
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Naranjo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Manuel García Naranjo | ||
Nacemento | 28 de xullo de 1994 (29 anos) | ||
Lugar de nacemento | Rociana del Condado | ||
Altura | 1,82 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Leganés | ||
Número | 18 | ||
Carreira xuvenil | |||
Recreativo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2014 | Recreativo B | 67 | (26) |
2013–2015 | Recreativo | 6 | (0) |
2014–2015 | → Villarreal B (cedido) | 26 | (4) |
2014 | → Villarreal (cedido) | 0 | (0) |
2015–2016 | Gimnàstic | 36 | (16) |
2016–2017 | Celta | 0 | (0) |
2017– | Genk | 9 | (2) |
2017– | Leganés (cedido) | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de agosto de 2017 [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Manuel García Naranjo, máis coñecido como José Naranjo, nado en Rociana del Condado, Huelva, o 28 de xullo de 1994, é un futbolista profesional español que xoga como dianteiro para o CD Leganés da Liga Santander.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores do Recreativo de Huelva, Naranjo fixo o seu debut co primeiro equipo, daquela na Segunda División, o 2 de xuño de 2013, no empate do Recreativo por 0-0 contra o Sporting de Gijón.[1] No seu derradeiro ano de contrato co equipo onubense, Naranjo foi cedido ó Villarreal B da Segunda División B,[2] e chegou a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro de 2014, nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz CF.[3]
O 7 de xullo de 2015, Naranjo asinou un contrato de tres anos co Gimnàstic de Tarragona, recentemente ascendido á Segunda División.[4]
O 17 de xuño de 2016, Naranjo fichou polo Celta de Vigo, e asinou co equipo galego un contrato de cinco tempadas.[5] Tras unha etapa onde tan só participou en tres encontros, dous deles na UEFA Europa League, e sen chegar a debutar na Primeira División, Naranjo marchou traspasado ó KRC Genk belga.[6]
O 1 de setembro de 2017, Naranjo volveu á primeira categoría do fútbol español tras a súa cesión por unha tempada ó CD Leganés.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Triste empate para cerrar una muy triste temporada; Marca, 2 de xuño de 2013 (en castelán)
- ↑ José Naranjo jugará cedido en el filial; Sitio web oficial do Villarreal, 17 de xullo de 2014 (en castelán)
- ↑ El Cádiz vende cara su piel
- ↑ José Naranjo firma por el Nàstic; Sitio web oficial do Gimnàstic, 7 de xullo de 2015 (en castelán)
- ↑ Naranjo, nuevo jugador del Celta
- ↑ El Celta traspasa a Naranjo al Genk
- ↑ José Naranjo llega cedido al Leganés
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1994
- Nados en Rociana del Condado
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Andalucía
- Xogadores do Recreativo de Huelva B
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do KRC Genk
- Xogadores do CD Leganés