José André Lôpez Gonçâlez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1955 (69 anos) |
País de nacionalidade | Galiza |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor |
José André Lôpez Gonçâles, ou André da Ponte, nado en 5 de outubro de 1955 no lugar da Ponte, Os Vilares (Guitiriz) é un tradutor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrado de novo ao País Vasco, alí estudou Ciencias da Información e traballou durante 30 anos como delegado de vendas nunha empresa siderúrxica. Militante desde 1975 da Unión do Povo Galego, participou na fundación do Bloque Nacional-Popular Galego e do Bloque Nacionalista Galego en Euskal Herria.[1] Seguidor da norma reintegracionista do galego, ten publicado diversas obras poéticas e impulsado múltiples traducións, publicacións e revistas de pensamento marxista.[2]
No 31 de decembro de 2006 publicou no Portal Galego da Língua o artigo O Apalpador: Personagem mítico do Natal galego a regaste.[3] Este traballo de investigación iniciou a recuperación da figura do Apalpador, unha personaxe lendaria do Nadal galego conservada só nas montañas orientais galegas.[4] Posteriormente, no 2011 participou na obra colectiva editada pola A.C Gentalha do Pichel: “Teoría de inverno, Os presentes do Apalpador”.[5]
Na actualidade reside en Madrid.
Obra
[editar | editar a fonte]- Onde o vento leva un sonho de carpaças. A.C. Rosalía de Castro. Bilbao. (1990).
- O Cemitério Marinho (tradución ao galego-portugués). Obra orixinal de Paul Valéry. (2015).[6]
- Rimas de Frei Bento do Santo Nome de Santo Alberte. A.C Xermolos. Guitiriz. (2016).
- José María Chao Ledo. Obra completa en galego (2018).[7]
- Sonata dum Quebrado Violino (2019).[8]
- Vladimir Ilich Lenine (tradución ao galego-portugués) (2019).[9]
- No fulgor das sombras (2020).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José André Lôpez Gonçâlez". www.diarioliberdade.org. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "José André Lôpez Gonçâlez". Biblioteca Virtual de GaliciaDigital. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "O Apalpador: Personagem Mítico do Natal galego a regaste". Portal Galego da Língua. Arquivado dende o orixinal o 14/06/2010. Consultado o 18/01/2023.
- ↑ "José André Gonzâles Lôpez". Galegos Galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "Teoría de inverno. Os presentes do Apalpador". Librería Central Librera Ferrol. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "O-Cemiterio-Marinho_Paul-Valery". app.box.com. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "jose_maria_chao_ledo_obra_completa". app.box.com. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "sonata-dun-quebrado-violino". app.box.com. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "Vladimir_Ilich Lenine". app.box.com. Consultado o 2023-01-18.
- ↑ "no-fulgor-das-sombras". app.box.com. Consultado o 2023-01-18.