A Gentalha do Pichel
Aparencia
A Gentalha do Pichel | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Ideoloxía | nacionalismo galego |
Data de fundación | 2004 |
Organización relacionada | Semente, Escolas de Ensino Galego |
Localización | |
Enderezo | Rúa de Santa Clara, 21, 15704 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
42°53′09″N 8°32′33″O / 42.885879300313, -8.5425148665482 | |
Na rede | |
http://gentalha.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Gentalha do Pichel é unha asociación cultural constituída en 2004 con base en Santiago de Compostela. Ten por obxecto a recuperación e difusión dos costumes, hábitos e tradicións galegos[1]. Defende a normativa reintegracionista proposta pola AGAL.
Historia
[editar | editar a fonte]En novembro de 2003 catro persoas xuntáronse co obxectivo de ofrecer unha alternativa de actividades culturais en galego á marxe do asociacionismo existente e de vinculacións políticas. Catro anos despois o grupo pasou a ter máis de 100 persoas[2].
No seu local organízanse diversos obradoiros, proxeccións cinematográficas (entre elas as do Cineclube de Compostela) e concertos. Unha das súas campañas máis exitosas foi dar a coñecer a figura do Apalpador a toda Galiza.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en Santiagoturismo
- ↑ "A Gentalha do Pichel Quatro anos de gentalha. Vídeo 55'04"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Gentalha do Pichel |