Josiah Willard Gibbs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josiah Willard Gibbs
Josiah Willard Gibbs -from MMS-.jpg
Nome completoJosiah Willard Gibbs
Nacemento11 de febreiro de 1839
Lugar de nacementoNew Haven
Falecemento28 de abril de 1903
Lugar de falecementoNew Haven
SoterradoGrove Street Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterYale College, Universidade de Heidelberg, Yale School of Engineering & Applied Science, Universidade Yale, Hopkins School e Sheffield Scientific School
Ocupaciónmatemático, físico, químico, profesor universitario, físico teórico, enxeñeiro e thermodynamicist
PaiJosiah Willard Gibbs Sr.
Coñecido porEnerxía libre de Gibbs
PremiosMedalla Copley, Prêmio Rumford e Foreign Member of the Royal Society
Na rede
WikiTree: Gibbs-4064 Find a Grave: 18663052 Editar o valor em Wikidata
JWgibbs-signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Josiah Willard Gibbs, nado en New Haven o 11 de febreiro de 1839 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1903, foi un científico estadounidense que fixo importantes contribucións teóricas na física, a química e as matemáticas. A súa aplicación da termodinámica foi decisiva na transformación da físicoquímica nunha ciencia indutiva rigorosa. Xunto con James Clerk Maxwell e Ludwig Boltzmann, creou a mecánica estatística (expresión que el cuñou), explicando as leis da termodinámica como consecuencia das propiedades estatísticas dos conxuntos de estados posibles dun sistema físico composto por moitas partículas. Gibbs tamén traballou na aplicación das ecuacións de Maxwell aos problemas da óptica física. Como matemático, inventou o moderno cálculo vectorial, de forma independente do científico británico Oliver Heaviside.

En 1863, a Universidade Yale outorgoulle a Gibbs o primeiro título de doutoramento estadounidense en enxeñaría. Tras unha estadía de tres anos en Europa, Gibbs pasou o resto da súa carreira en Yale, onde foi profesor de física matemática dende 1871 ata a súa morte. Traballando en relativo illamento, converteuse no primeiro científico teórico dos Estados Unidos que gañou reputación internacional e foi eloxiado por Albert Einstein como "a mente máis grande na historia dos Estados Unidos".[1] En 1901, Gibbs recibiu o que nese tempo se consideraba o maior honor da comunidade científica internacional, a medalla Copley da Royal Society de Londres,[1] "polas súas contribucións á física matemática".[2]

Comentaristas e biógrafos remarcaron o contraste entre a vida tranquila e solitaria de Gibbs e o grande impacto internacional das súas ideas. Aínda que o seu traballo foi completamente teórico, o valor práctico das contribucións de Gibbs foron evidentes co desenvolvemento da química industrial durante a primeira metade do século XX. Segundo Robert A. Millikan, na ciencia pura, Gibbs "fixo pola mecánica estatística e a termodinámica o que Laplace fixo pola mecánica celeste e Maxwell pola electrodinámica, concretamente, converteu o seu campo nunha estrutura teórica case finalizada".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "J. Willard Gibbs". Physics History. American Physical Society. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  2. "Copley Medal". Premier Awards. Royal Society. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  3. Millikan, Robert A. (1938). "Biographical Memoir of Albert Abraham Michelson, 1852–1931" (PDF). Biographical Memoirs of the National Academy of Sciences of the United States of America 19 (4): 121–146. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]