Joshua Brookes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoshua Brookes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1761 Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1833 (72 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Gran Londres
París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanatomista , zoólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBrookes Editar o valor em Wikidata
Premios


Joshua Brookes, nado o 24 de novembro de 1761 e finado o 10 de xaneiro de 1833 en Londres, foi un anatomista e naturalista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Estudou en Londres con William Hunter, William Hewson, Andrew Marshall e John Sheldon, desde 1718 até 1783.

Máis tarde asistiu á prácticas de Antoine Portal e outros eminentes cirurxiáns do Hôtel-Dieu de Paris, o máis antigo hospital da cidade de París, Francia,[1] [2]

Museo Brookesiano[editar | editar a fonte]

Brookes foi profesor de anatomía en Londres e realizou numerosos traballos sobre esta disciplina, creando un importante museo dedicado a ela grazas á técnica que desenvolveu para a conservación das preparacións, o chamado Museo Brookesiano de anatomía comparada.

Este museo privado descríbese no seu catálogo de 1830 como «Museum Brookesianum, que abarca unha case interminábel colección de todas as preparacións anatómicas, patolóxicas, obstétricas e zootómicas, así como exemplares de Historia Natural».

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Foi elixido membro da Royal Society en 1819, e así mesmo foi membro da Linnean Society of London.

Brookes deixou a ensinanza en 1826 debido ao seu mal estado de saúde. Despois de tratar sen éxito de desfacerse das súas coleccións completas do seu Museo, vendeuno de forma fragmentaria. (A venda final tivo lugar o 1 de marzo de 1830 e nos 22 días seguintes).

Morreu o 10 de xaneiro de 1833 en Great Portland Street, Londres.

Xéneros descritos por Brooks[editar | editar a fonte]

En 1817 describiu o xéneros dos licaóns (Lycaon) e, en1828 os do guepardo (Acinonyx) e do mamut (Mammuthus).

Epónimos[editar | editar a fonte]

En 1864, co fin de honrar a Joshua Brookes, o naturalista John Edward Gray denominou como Brookesia a un xénero de camaleóns (os chamados camaleóns de cola curta ou camaleóns folla, endémicos de Madagascar).

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1828: An address : delivered at the anniversary meeting of the Zoological Club of the Linnean Society, held at the Society's house, in Soho-Square, November 29, 1828.[3]
  • 1828: The Brookesian Museum. The Museum of Joshua Brookes [...], Londres.
  • 1831: Thoughts on the Best Means of Lessening the Destructive Progress of Cholera, Londres.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Brookes emprégase para indicar a Joshua Brookes como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consta que foi fundado por San Landerico de París (falecido en 661).
  2. London Science Museum - Hotel Dieu Arquivado 16 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine..
  3. Ver exemplar dixitalizado en Internet Archive.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dobson, J. (1952): "Eighteenth Century Anatomists: Joshua Brookes", Practitioner 169 (1010): 180-184.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]