Agrupación Martín Codax
Agrupación Martín Codax | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro e asociación cultural |
Data de fundación | 1932 |
Nomeado en referencia a | Martín Codax |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Agrupación Martín Codax foi unha sociedade cultural radicada en Vigo durante a Segunda República Española.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Fundada polo presbítero Emilio Álvarez Martínez (o Reisiño).[1] A súa denominación facía referencia ao trobador medieval Martín Codax.[2] Dedicada principalmente á representación de obras teatrais -en particular de José María Pemán-,[3] coa recadación financiaban outras actividades educativas.[4] Creada cara finais de 1932, a agrupación non se constituíu formalmente como asociación ata 1934.[5]
Vinculada a Acción Católica e á URD,[6] incorporou membros da Falange galega así como un gran número de japistas.[7] En xeral os seus dirixentes abrazaban posicións de extrema dereita,[3] aínda que o proceso de fascistización do grupo non foi completo.[8] Claramente españolista, aceptaba un marco de autonomía para a "rexión galega".[9] Mantiveron o seu primeiro choque violento en agosto de 1933, en Baiona.[10] A agrupación editou a revista homónima, que comezou a publicarse en febreiro de 1935, con José Vázquez Fernández na dirección e con Jesús Villot Vidal como redactor xefe.[3]
Os actores José Signo e José María Seoane pertenceron á asociación antes de pasar ao Teatro Nacional.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Velasco Martínez 2013, p. 595.
- ↑ Velasco Martínez 2013, p. 599.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Fernández González 2005, p. 324.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 593-594.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 593, 597.
- ↑ Velasco Martínez 2013, p. 601.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 599-601.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 603-605.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 604-605.
- ↑ Velasco Martínez 2013, pp. 594-595.
- ↑ "José María Seoane, actor". El País. 11 de xullo de 1989.
- ↑ "José María Seoane triunfó en el cine y el teatro en España". La Voz de Galicia. 9 de decembro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF). (Tese dirixida por Justo Beramendi González). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2019. Consultado o 06 de xullo de 2017.
- Velasco Martínez, Luis (2013). En: Miguel Angel Ruiz Carnicer (coord.). "El Movimiento antes del movimiento: De las asociaciones católicas a FET de las JONS. El caso de Vigo" (PDF). Falange, las culturas políticas del fascismo en la España de Franco (1936-1975) (Zaragoza: Institución Fernando el Católico). ISBN 978-84-9911-216-9.