José Riveiro
José Riveiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Riveiro Cabaleiro | ||
Nacemento | 15 de setembro de 1975 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Información de club | |||
Club actual | Orlando Pirates (ad.) | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
1998–2001 | Teis | ||
2001–2003 | Rápido de Bouzas (inf.) | ||
2003–2006 | Teis | ||
2010–2014 | Mondariz | ||
2010–2011 | Choco (xuv.) | ||
2011–2014 | Celta de Vigo (xuv.) | ||
2014 | Honka (2º ad.) | ||
2015–2016 | PK-35 (2º ad.) | ||
2016–2018 | HJK (2º ad.) | ||
2019–2021 | FC Inter | ||
2022 | Orlando Pirates | ||
Na rede | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Riveiro Cabaleiro, nado en Vigo o 15 de setembro de 1975, é un adestrador de fútbol galego. Dende 2022 adestra o Orlando Pirates de Suráfrica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira de adestrador con 17 anos, dirixindo un equipo de benxamíns. En 1998 colleu as rendas do seu primeiro equipo sénior, o CD Teis, na Terceira Autonómica, ao que adestrou durante tres anos, logrando o ascenso a Segunda Autonómica. Despois estivo unha tempada como segundo adestrador no equipo xuvenil do Rápido de Bouzas en División de Honra e outra como primeiro adestrador do equipo cadete do mesmo club, antes de regresar ao Teis, ao que dirixiu outros tres anos.[1]
En 2010 converteuse no novo adestrador do Mondariz FC na Primeira Autonómica, logrando o ascenso a Preferente na súa primeira campaña.[2] Mentres estivo á fronte do club, tamén foi adestrador nas categorías xuvenís do Choco e do Celta de Vigo.[3]
Abandonou o banco do Mondariz en maio de 2014 e trasladouse ao estranxeiro para traballar como segundo adestrador de Shefki Kuqi no FC Honka da Veikkausliiga, a primeira división de Finlandia, por recomendación de Pablo Couñago, xogador do club naquel entón.[4] En abril do ano seguinte pasou ao PK-35 Vantaa, tamén como axudante de Kuqi, logrando o ascenso á máxima categoría.[5] O 7 de xuño de 2016 converteuse no segundo adestrador de Mika Lehkosuo no Helsingin Jalkapalloklubi, co que conquistou dúas ligas e unha Copa de Finlandia.[6]
En outubro de 2018 foi contratado como adestrador do FC Inter Turku, a súa primeira experiencia como primeiro técnico en Finlandia.[7] Na súa primeira campaña acadou o subcampionato de liga e clasificou o equipo para a fase previa da Europa League, despois de seis anos de ausencia. Grazas ao seu bo facer, foi elixido mellor adestrador do ano en Finlandia, tanto pola Federación como pola asociación da prensa.[8] Repetiu subcampionato ao ano seguinte, mentres que na tempada 2021 rematou terceiro.
En setembro de 2021 anunciou na súa conta de Twitter que deixaría o club de Turku ao finalizar a tempada.[9] Riveiro dirixiu o seu derradeiro partido á fronte do Inter Turku o 31 de outubro de 2021 fronte a SJK, no que se decidiu o terceiro posto desa tempada.[10] En xuño de 2022 foi anunciado como novo técnico do Orlando Pirates, de Suráfrica.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corrales, Ángel (26 de setembro de 2016). "Entrevista a José Luis Riveiro" (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "La meteórica escalada de un modesto". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2011. p. 152.
- ↑ Martín, Marcos. "José Riveiro: "En España es difícil entrenar si no has tenido un nombre como jugador"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Póker gallego en Finlandia". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Caloi, Riveiro y Pablo Couñago emprenden una nueva aventura finlandesa" (en castelán). 13 de abril de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vázquez Fraga, Míriam (7 de xuño de 2016). "El técnico vigués José Luis Riveiro ficha por el Helsinki". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vázquez Fraga, Míriam (5 de outubro de 2018). "Riveiro sigue creciendo en Finlandia". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El vigués Riveiro triunfa en el fútbol finlandés". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jose Riveiro jättää FC Interin päävalmentajan tehtävän tämän kauden jälkeen". Yle Urheilu (en finés). 6 de setembro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
- ↑ "VEIKKAUSLIIGAKAUSI PÄÄTTYY SUNNUNTAINA KUPITTAALLA – KATSOJAINFO: FC INTER – SJK 31.10.2021" (en finés). fcinter.fi. 30 de outubro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Orlando Pirates announce little-known Spaniard Riveiro as head coach" (en inglés). 25 de xuño de 2022. Consultado o 14 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Soccerway (en inglés).