José Rey Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Rey
Información persoal
Nome completo José Rey Otero
Nacemento 6 de xaneiro de 1923
  A Coruña
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1945 Deportivo da Coruña 2 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

José Rey Otero, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1923, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1944–45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse na xornada 13, nunha derrota contra o Sabadell a domicilio (2–1). Na seguinte xornada repetiu titularidade, que rematou igualmente en derrota, nesta ocasión contra o Murcia (1–0). Nesa campaña Rey era o único atacante suplente, estando a dianteira titular formada por Juan Francisco Lezama, José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]