Narcís Oller
Narcís Oller | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Narcís Oller i Moragas |
Nacemento | 10 de agosto de 1846 |
Lugar de nacemento | Valls |
Falecemento | 26 de xullo de 1930 e 1930 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Soterrado | Poblenou Cemetery |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, tradutor, autor, novelista e político |
Fillos | Joan Oller i Rabassa e María Oller Rabassa |
Coñecido por | La febre d'or e Pilar Prim |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Narcís Oller i Moragas, nado en Valls en 1846 e finado en Barcelona en 1930, foi un escritor catalán. Considérase o creador da novela catalá moderna.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado no seo dunha familia burguesa, quedou orfo aos tres anos e foi educado pola nai e o tío materno, quen lle transmitiu a súa afección literaria. Estudou dereito en Barcelona, onde se establece definitivamente en 1873, foi funcionario da deputación provincial de Barcelona e procurador dos tribunais.
Aínda que comezou escribindo en castelán, por influencia de Josep Yxart e J. Riera i Bertran converteuse ao catalanismo logo de acudir á celebración dos Jocs Florals de 1877.
Narcís Oller foi basicamente foi un narrador, destacando polas súas novelas realistas, influenciadas por Émile Zola. Escribiu tamén teatro e traduciu a autores europeos como Pavlovski, Lev Tolstoi, Carlo Goldoni ou Dumas.
Obras[editar | editar a fonte]
- Un viaje de placer, 1868 (baixo o alcume de Plácido)
- Croquis del natural, 1879
- La papallona, 1882
- L'escanyapobres, 1884
- Vilaniu, 1885
- La febre d'or, 1890-1892
- La bogeria, 1898
- Teatre d'aficionats, 1900
- Pilar Prim, 1906
- Renyines d'enamorats, 1926 (teatro)