Saltar ao contido

Magdalena Aguinaga Alfonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMagdalena Aguinaga Alfonso
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesora de ensino secundario

BNE: XX880498 Dialnet: 263870

Magdalena Aguinaga Alfonso, nada en Pamplona o 15 de outubro de 1953, é unha profesora e investigadora literaria. Residiu e traballou en Galicia e no Canadá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É doutora en literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 cunha tese sobre José María de Pereda e catedrática de lingua castelá e profesora de ensino secundario en diversos institutos de Galicia e Pamplona. Liñas de investigación: autores do realismo español e literatura española do século XX. Publicou arredor de setenta artigos en revistas especializadas e participou en numerosas conferencias nacionais e internacionais.

De 2000 a 2006 traballou no Canadá como asesora técnica do Ministerio de Educación e Ciencia de España na York University de Toronto e como consultora de español no Curriculum Branch do Goberno de Educación de Edmonton (Alberta).

Pertenceu á Sociedad de Literatura Española del siglo XIX, á Sociedad Española de Literatura General y Comparada, á Asociación Internacional de Hispanistas e, na súa etapa no Canadá, á Asociación Canadense de Hispanistas.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Entre outras, é autora das seguintes publicacións, todas en lingua castelá:

  1. É un ensaio sobre Emilia Pardo Bazán.
  2. 1ª edición: Autoedición 1994. ISBN 84-605-1113-8.
  3. Cuentos gallegos (PDF) (en castelán). Dep. de Pontevedra. 2012. ISBN 978-84-8457-397-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  4. "Valera y Galdós en Cervantes Virtual, 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]