Antonio Añoveros Ataún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Añoveros Ataún
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1909 en Pamplona, Navarra
Pasamento24 de outubro de 1987
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de xullo de 1933
Consagración episcopal12 de outubro de 1952, por Ángel Herrera Oria
Bispo de Bilbao
1971 - 1978
PredecesorPablo Gúrpide Beope
SucesorLuis María de Larrea
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Antonio Añoveros Ataún, nado en Pamplona o 13 de xuño de 1909[1] e finado o 24 de outubro de 1987, foi un eclesiástico católico latino navarro, bispo de Bilbao entre 1971 e 1978.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito civil na Universidade de Zaragoza, e posteriormente entrou no seminario de Pamplona. Foi ordenado sacerdote o 25 de xullo de 1933.[1]

O 25 de agosto de 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Málaga[1] e bispo titular de Tabuda. Recibiu a ordenación episcopal de mans do bispo de Málaga Ángel Herrera Oria o 12 de outubro.

O 27 de outubro de 1954 foi nomeado bispo coadxutor de Cádiz e Ceuta, e o 2 de abril de 1964 sucedeu a Tomás Gutiérrez Díez á fronte de dita diocese.

O 3 de decembro de 1971 foi nomeado bispo de Bilbao. Renunciou o 25 de setembro de 1978. Finou o 24 de outubro de 1987.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 López Sáinz, Celia (1975). Primer quién es quién en Vizcaya: diccionario de vizcaínos, naturales o adoptivos, de destacada proyección pública en las distintas actividades y profesiones (en castelán). La Gran Enciclopedia Vasca. p. 33. ISBN 9788424801762. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Tomás Gutiérrez Díez
 Bispo de Cádiz e Ceuta 
1964 - 1971
Sucesor:
Antonio Dorado Soto
Predecesor:
Pablo Gúrpide Beope
 Bispo de Bilbao 
1971 - 1978
Sucesor:
Luis María de Larrea