José María Ruiz-Mateos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Ruiz- 11 de abril de 1931 Rota, España |
Morte | 7 de setembro de 2015 (84 anos) El Puerto de Santa María, España |
Causa da morte | pneumonía |
Eurodeputado | |
Representa: Agrupación Ruiz-Mateos (en) 25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994 Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1989 | |
Datos persoais | |
Residencia | Frankfurt Xerez da Fronteira Londres Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | empresario, político |
Partido político | Agrupación Ruiz-Mateos (en) |
Membro de | |
Outro | |
Cónxuxe | Teresa Rivero (1958–2015) |
Condenado por | fraude |
Premios | |
| |
Páxina web | ruiz-mateos.com |
José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José María Ruiz-Mateos comezou a súa carreira empresarial cando só era un mozo, exportando viño a Inglaterra. Posteriormente fundou o holding Rumasa (230 empresas, 65.000 empregados). Pertenceu por liña materna ao Ilustre Solar de Tejada, corporación nobiliaria máis antiga do Reino de España.
Expropiación de Rumasa
[editar | editar a fonte]O 23 de febreiro de 1983 Rumasa foi expropiada polo goberno español do PSOE, presidido por Felipe González. O goberno alegou que Rumasa evitou pagos a Facenda durante anos, por un custo de varios millóns de pesetas. Tamén considerou que Rumasa estaba en bancarrota virtual, manténdose exclusivamente do amaño dos libros de contabilidade da empresa.
Ruiz-Mateos estivo en desacordo coa expropiación e demandou xudicialmente ao goberno, solicitando unha indemnización. Foi ao cárcere baixo a acusación de evasión de divisas, fraude e apropiación indebida.
En maio de 1989, Ruiz-Mateos propinou un puñazo na testa ao que fora Ministro de Facenda no intre da expropiación, Miguel Boyer, á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Madrid.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Ruiz Mateos foi ingresado o 17 de agosto de 2015 no hospital de El Puerto de Santa María (Cádiz), debido a unha rotura de cadeira producida tras unha caída[1]. Tras ser operado, contraeu unha pneumonía que o fixo empeorar[2]. Finalmente, faleceu o 7 de setembro de 2015 no mesmo centro hospitalario[3][4][5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «José María Ruiz Mateos, gravísimo», en Diario de Cádiz, 6-9-2015 (en castelán)
- ↑ «Súbito empeoramiento de Ruiz-Mateos al contraer una neumonía», Diario de Jerez, 25-8-2015. (en castelán)
- ↑ "Muere Ruiz-Mateos a los 84 años de edad". El País. 7 de setembro de 2015. (en castelán)
- ↑ Javier Chicote. "Muere José María Ruiz-Mateos". ABC. (en castelán)
- ↑ «Fallece José María Ruiz Mateos», La Voz Digital, de 7-9-2015. (en castelán)