Teresa Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Rivero
Nome completoTeresa Rivero Sánchez-Romate
Nacemento19 de maio de 1935
 Xerez da Fronteira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresaria
CónxuxeJosé María Ruiz-Mateos
editar datos en Wikidata ]

Teresa Rivero Sánchez-Romate, nada en Jerez de la Frontera en 1935, é unha empresaria española e ex-presidenta do Rayo Vallecano, sendo a primeira muller que chegou á presidencia dun club de fútbol da Primeira División.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla dunha familia acomodada de Jerez de la Frontera, o seu pai Salvador Rivero Pastor era avogado e a súa nai Mª Pepa Sánchez-Romate Pemartín, de clase alta moi vinculada ao cultivo do viño con adegas como Rivero, Sánchez-Romate e Pemartín. Viviu xunto aos seus 6 irmáns na famosa praza da rúa San Marcos en Jerez. Vinculada ao Opus Dei, aos 21 anos coñeceu ao empresario José María Ruiz-Mateos, co que casou dous anos máis tarde.[1] Con el trasladouse a Madrid en 1967.

É marquesa viúva de Olivara (título da Serenísima República de San Marino), polo seu matrimonio con José María. Foi recibida como dama divisera hijadalgo do Ilustre Solar de Tejada.[2]

Teresa era gran afeccionada a tocar a guitarra, pero sempre tiña que deixalo a causa os seus numerosos embarazos. É nai de trece fillos (unha falecida) e dedicouse moitos anos a ser ama de casa.

En 2004 creou xunto ao seu marido unha fundación co fin de mellorar as condicións de vida, socioculturais e educativas dos xerezanos, especialmente dos sectores máis desfavorecidos.

Presidenta do Rayo Vallecano[editar | editar a fonte]

Con 59 anos a súa vida cambiou radicalmente cando o seu marido, máximo accionista do Rayo Vallecano, nombrouna presidenta do club madrileño o 12 de xaneiro de 1994. Deste xeito, Teresa Rivero convertíase na primeira muller en presidir un club da Primeira División, malia recoñecer publicamente non tener ningún coñecemento sobre o mundo do fútbol.[3]

Baixo o seu mandato o club viviu os mellores anos deportivos da súa historia, coa súa mellor tempada en Primeira (a 1999/00, na que foi catro xornadas líder da categoría), a súa mellor actuación na Copa do Rei (a 2000/01) e, sobre todo, chegando a participar na Copa da UEFA, onde acadou os cuartos de final.

Así mesmo, tamén baixo o seu mandato, a sección feminina do club situouse entre os mellores clubs de España, co ascenso á Superliga e a consecución da Copa da Raíña en 2008, o primeiro título oficial na historia do Rayo Vallecano.

Mostra do seu carisma, en 2004 os abonados do Rayo aprobaron en referendo que o Estadio de Vallecas tomase o seu nome.[3]

Xa en febreiro de 2011, as 10 empresas máis importantes de Nueva Rumasa, entre elas o club que presidía, entraron en concurso de acredores. Debido á presión e ao abandono da afección vallecana, en maio os Ruiz-Mateos traspasaron as accións do club ao empresario Raúl Martín Presa.

Condena por fraude fiscal[editar | editar a fonte]

En 2018 foi condenada a sete anos de prisión por fraude fiscal.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ignacio Amestoy (27 de agosto de 2008). El Mundo, ed. "Teresa Rivero, el rayo que no cesa". Consultado o 5 de abril de 2009. 
  2. Índice de Diviseros
  3. 3,0 3,1 Héctor M. Garrido (2 de novembro de 2008). El País, ed. "¿Quién mueve al nuevo Rayo?". Consultado o 5 de abril de 2009. 
  4. Jerez, Diario de. "Teresa Rivero, condenada a 7 años de prisión por fraude fiscal". Diario de Jerez. Consultado o 25 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]