Antonio Gregorio Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Gregorio Montes
Nacemento27 de abril de 1957
 Vilalba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónprofesor e wikimedista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Gregorio Montes, tamén coñecido co nome de usuario de Agremon[1], nado en Vilalba o 27 de abril de 1957, é un profesor, divulgador e wikipedista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Físicas en 1979 pola Universidade de Valladolid, aprobou as oposicións de profesor en 1980 e comezou a dar clase nun instituto de Valladolid[2]. Pouco despois, en 1982, trasladouse a Ribadeo, onde botou o resto da súa carreira profesional dando clase no IES Porta da Auga, até a súa xubilación. Durante eses anos, tivo épocas en que foi director do centro.

Charla de Antonio Gregorio Montes, O lema da Galipedia es ti, co gallo do décimo aniversario da Galipedia, Santiago de Compostela, 2013.

Impulsor de iniciativas pedagóxicas e didácticas, foi membro da directiva dun club de xadrez de Ribadeo, presidente da asociación Amigos da Música de Ribadeo e tamén directivo da asociación cultural Xerfa. Ademais, é clarinetista[2].

O 8 de marzo de 2003, Antonio Gregorio converteuse no primeiro administrador da Galipedia[3], o proxecto da Wikipedia en galego. Foi Gregorio tamén quen empregou por primeira vez o termo "galipedia" para referirse ao proxecto en galego. Desde entón, ten ocupado distintos postos na administración da Galipedia, e desenvolvido obradoiros e conferencias sobre Wikipedia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • A temperie ribadense no 2020 (e un complemento), 2021[4]. Esta obra é un anuario meteorolóxico que leva editando o autor desde 2012[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Usuario:Agremon". 2020-08-22. 
  2. 2,0 2,1 "Antonio Gregorio Montes, en Galegos.info". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-03-11. 
  3. "Wikipedia:Acerca de". 2020-03-09. 
  4. "Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho". www.facebook.com. Consultado o 2021-03-11. 
  5. Gregorio Montes, Antonio. "A temperie ribadense no 2012". Academia.edu.