José Alborés Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Alborés Gándara
 Vimianzo
Falecemento6 de abril de 1993
 Vimianzo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Alborés Gándara, nado en Vimianzo e finado no mesmo concello o 6 de abril de 1993,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliado a Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular, foi nomeado alcalde de Vimianzo o 20 de febreiro de 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto co secretario Andrés García Ferreiro tratou de evitar que os veciños se enfrontasen aos golpistas alzados en Zas. Logrou fuxir e estivo agochado durante 14 anos en Ponteceso, Traba de Laxe, Muxía, Vimianzo e Cee até que se entregou en 1950. Reabriuse o seu proceso e foi xulgado na Coruña por rebelión militar, e condenado a 15 anos de prisión, pero foi inmediatamente indultado. O seu irmán Manuel Alborés Gándara foi executado en Ordes.

Após do seu indulto foi o contratista responsábel das obras de construción dos campanarios do santuario da Virxe da Barca, proxectados por Peregrín Estellés e finalmente inaugurados en 1959.[2][3]


Predecesor:
?
 Escudo de Vimianzo.svg
Alcalde de Vimianzo
 
1936
Sucesor:
José Rivera Graíño

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Carballo, 8-4-1993, p. 35.
  2. "Medio siglo de las torres de la Barca". La Voz de Galicia. Consultado o 2016-08-23. 
  3. Buserana, Proxecto. "D.ROMUALDO BENTÍN E AS TORRES DA BARCA". Proxecto Buserana. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]