Andrés García Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés García Ferreiro
Alcume O Gavilán
Nacemento 17 de setembro de 1894
  Foz
Falecemento 15 de marzo de 1937
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Andrés García Ferreiro, coñecido como O Gavilán, nado en Foz o 17 de setembro de 1894 e finado na Coruña o 15 de marzo de 1937, foi un avogado e político galego[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Avogado de profesión. Foi secretario do concello de Quintela de Leirado (1925). Militou na masonería, pertencendo á loxa barcelonesa Humanidad nº 3 e a Fraternidad Humana de Viveiro. Pertenceu á Agrupación Socialista de Viveiro, da que foi elixido presidente o 24 de abril de 1931. Participou nun mitin con Agapito García Atadell e Manuel Cordero Pérez en maio de 1931. Foi secretario do concello de Ortigueira en 1932. Obtivo a praza de secretario municipal do concello de Vimianzo en 1936. Trasladouse a Vimianzo onde tomou posesión do cargo o 28 de marzo, relevando ao anterior titular acusado de malversación de fondos. Participou na manifestación para expropiar as Torres de Martelo o 22 de xullo de 1936. Considerado como un home liberal e tolerante, cando se produciu a sublevación do 18 de xullo de 1936, xunto co alcalde José Alborés Gándara, tratou de evitar que os veciños se enfrontaran aos golpistas alzados en Zas. Ao tomar as tropas o concello, foi detido, xulgado en consello de guerra o 24 de febreiro de 1937, condenado a morte por rebelión militar e fusilado en Punta Herminia (A Coruña) o 15 de marzo de 1937. Aínda que solicitou en varias ocasións clemencia ao tribunal que o xulgou, non se atenderon as súas peticións. A súa familia foi desposuída de parte dos seus bens.

O ministerio de Xustiza levantou en 2010 un acta de "Declaración de reparación e recoñecemento persoal" por ter sido inxustamente condenado. O concello de Vimianzo fíxolle unha homenaxe en xullo de 2011.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "García Ferreiro fue un hombre liberal y tolerante", La Voz de Galicia", 21 de xullo de 2011, consultado o 17 de xullo do mesmo ano.
  2. Recuerdo a una víctima del franquismo, La Opinión, 26 de xullo de 2011, consultado o 27 de xullo do mesmo ano.
  3. Vázquez, Paula (23-7-2011). "Vimianzo ensalza la democracia con el homenaje a Andrés García". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 3-4-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 341. ISBN 978-84-95773-26-5. 
  • Lamela, Luis (1995). Crónica de una represión en la Costa da Morte. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-758-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]