Manuel Alborés Gándara
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1901 ![]() Vimianzo, España ![]() |
Morte | 10 de setembro de 1936 ![]() Arzúa, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Irmáns | José Alborés Gándara ![]() |
![]() |
Manuel Alborés Gándara, coñecido como Cordas, nado en Vimianzo cara a 1901 e finado en Arzúa o 10 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de José Alborés Gándara. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Vimianzo e primeiro tenente alcalde. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 25 de xullo xunto con Andrés García Ferreiro e Francisco Lema Sendón.[1] Fuxiu pero foi detido o 8 de setembro. Co pretexto dun traslado a Santiago de Compostela foi asasinado en Arzúa o 10 de setembro. Foi xulgado na Coruña por rebelión na causa 1367/36 con outros veciños de Vimianzo e foi declarado fuxido e en rebeldía.[2] Reclamado polo xulgado de Corcubión en outubro de 1936.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sucesos en Vimianzo" La Voz de Galicia, 2-8-1935, p. 2.
- ↑ Concelleiros represaliados
- ↑ BOE, 6-6-1937, p. 1781.