José Alberto Mato Pet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mato Pet
Información persoal
Nome José Alberto Mato Pet
Nacemento 23 de novembro de 1943
Lugar de nacemento Ponteceso
Falecemento 2 de xullo de 2009
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Galera
–1962 Orzán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1962–1966 Fabril
1966–1969 Deportivo da Coruña 1 (0)
1968–1969 Racing de Ferrol 1 (0)
1969 Compostela
1971–1972 Ponteceso
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Alberto Mato Pet, nado en Ponteceso o 23 de novembro de 1943 e finado en Carballo o 2 de xullo de 2009, foi un futbolista galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Galera, e máis tarde pasou ao equipo xuvenil do Orzán, no que xogaba de extremo. Un día, ante a ausencia do gardameta titular, colocouse el de porteiro, e dende entón ocupou esa posición.[1]

En 1962 fichou polo Fabril, onde militou durante as seguintes tempadas, case sempre como suplente de Giráldez. O 16 de abril de 1967 debutou co Deportivo da Coruña na Primeira División, nun partido contra o FC Barcelona en Riazor, no que acabou lesionado e substituído no descanso. Formou parte do primeiro equipo tamén durante a tempada 1967/68, pero non chegou a disputar ningún partido oficial.

En setembro de 1968 saíu cedido ao Racing de Ferrol,[2] da Segunda División. No equipo verde tampouco contou con protagonismo, sendo o porteiro titular Zumalabe. Xogou só un encontro oficial, unha derrota por 3-2 ante o Betis en Sevilla. En febreiro de 1969 foi operado do estómago e non volveu xogar durante meses.[3]

No verán de 1969 rematou o seu contrato co Deportivo e asinou co Compostela, da Terceira División, co que xogou ata novembro. Máis tarde xogou no Ponteceso e nos veteranos do Bergantiños. Tras abandonar o fútbol rexentou unha zapataría en Carballo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mato Pet, el eterno suplente del Fabril, confía en sacar adelante la eliminatoria de Torrelavega". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 1964. p. 5. 
  2. "Matopet, cedido al Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 1968. p. 19. 
  3. "El Racing necesita otro guardameta". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de febreiro de 1969. p. 16. 
  4. "El ex portero del deportivo josé alberto mato pet falleció como consecuencia de...". 3 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.