Jon Theodore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Theodore
John Theodore.jpg
Nome completoJon Philip Theodore
Data nacemento30 de decembro de 1973 (49 anos)
Nado enBaltimore
Ocupaciónbatería
Relacionado conThe Mars Volta, Queens of the Stone Age, One Day as a Lion, Golden, Giraffe Tongue Orchestra
Tempo en activo1993 - actualidade
Na rede
Musicbrainz: eeb1d415-4dbc-4038-8b09-4faf8c3c24ba Discogs: 254223 Allmusic: mn0000214807 Editar o valor em Wikidata

Jon Philip Theodore, nado o 30 de decembro de 1973 en Baltimore (Maryland), é un batería estadounidense. É coñecido por ser antigo membro de The Mars Volta e o actual batería de Queens of the Stone Age. Theodore é tamén membro de One Day as a Lion e do supergrupo de hard rock Giraffe Tongue Orchestra.

Theodore foi membro tanto de Golden como de Royal Trux antes de unirse a The Mars Volta e 2001. Theodore estivo co grupo durante cinco anos, gravando os tres primeiros álbums de estudio, De-Loused in the Comatorium (2003), Frances the Mute (2005) e Amputechture (2006), antes de marchar a petición do guitarrista Omar Rodríguez-López.

Theodore posteriormente colaborou co vocalista de Rage Against the Machine Zack de la Rocha nun proxecto chamado One Day as a Lion, e tocou no álbum en solitario do líder de Incubus Brandon Boyd, The Wild Trapeze (2010). En 2012 Theodore substituíu ao seu sucesoe en The Mars Volta, Thomas Pridgen, no supergrupo Giraffe Tongue Orchestra.

En 2013 Theodore uniuse a Queens of the Stone Age, substituíndo a Joey Castillo, que deixou a banda citando desgaste polas continuas xiras. Theodore tocou no sexto álbum de estudio do grupo, ...Like Clockwork (2013), e uniuse a eles na correspondente xira de presentación.