Brandon Boyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrandon Boyd

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Van Nuys, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMoorpark College (en) Traducir - estudo da historia da arte
Calabasas High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Calabasas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , compositor de cancións , pintor , músico , percusionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e Instrumento de percusión Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEpic Records
Immortal Records
Sony Music
Island Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webenjoyincubus.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1179503 Facebook: brandonboydofficial Twitter: mybrandonboyd Instagram: brandonboyd Spotify: 0QmjlE852mAIaEt2IpBquO iTunes: 465711 Musicbrainz: 1053f66f-7ab3-47ba-823c-81fbca7ca7a3 Songkick: 609819 Discogs: 280791 Allmusic: mn0000511576 Editar o valor em Wikidata


Brandon Charles Boyd, nado o 15 de febreiro de 1976 no barrio de Van Nuys, nos Ánxeles (California) é un músico e artista visual estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o vocalista da banda de rock alternativo Incubus.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende moi pequeno, os pais de Brandon, Dolly e Charles, intentaron alimentar a creatividade do seu fillo a partir da experiencia que tiñan no mundo do espectáculo. Despois, na década dos 80, coñeceu a José Pasillas na escola primaria.

Cando estaba en secundaria, José Pasillas fíxose amigo do guitarrista Michael Einziger, comezando a tocar xuntos, e a eles uníuselles finalmente Alex Katunich, ao cal acababan de botar dun grupo de jazz. Ao principio só tocaban cancións de Megadeth, Metallica e Nirvana, nas cales José non estaba moi interesado, pero que lles fixeron tocar nalgunhas festas.

Un par de meses despois, ao descubrir as súas habilidades como vocalista, decidiron convidar a Brando a unirse ao trío. Nese momento decidiron comezar a compoñer cancións propias, e aos poucos foron facéndose máis coñecidos na zona.

Cando o grupo decidiu facer a súa primeira actuación en casa dun amigo chegou o momento de escoller un nome. A suxestión de Brandon, "Spiral Staircase", foi rexeitada en favor a de Mike, seleccionada aleatoriamente dun dicionario: Incubus, o cal denomina a un demo que se alimenta da enerxía sexual por medio de mozas virxes. A banda pensou que a palabra era boa, ou polo menos a súa definición. Brandon aproveitou as súas dotes artísticas e debuxou os panfletos que anunciaban as súas próximas actuacións. Ao principio, Brandon copiou algúns debuxos dun libro de educación sexual que a nai de Mike lles deixara, pero decidiron deixar de usalos xa que algúns seareiros quedaban un pouco confusos.

A súa voz foi o que máis chamou a atención á discográfica Epic/Immortal Records, e a banda asinou un contrato en 1996. O seu son definíase por unha mestura entre o rock alternativo e o funk e gravaron o seu primeiro álbum, Fungus Amongus, en 1997.

Os dous primeiros lanzamentos do grupo dentro do selo pasaron desapercibidos, pero os seguintes colleitaron un grande éxito comercial (S.C.I.E.N.C.E, Make Yourself e Morning View). O seu penúltimo álbum, A Crow Left of the Murder..., continuou coa exitosa carreira da banda, aínda que non foi tan eloxiado como os seus predecesores. En novembro de 2006 foi lanzado o disco de estudio Light Grenades, e en xuño do 2009 o recompilatorio Monuments and Melodies.

No ano 2011 Incubus rematou o seu sétimo álbum, If Not Now, When?, editado o 12 de xullo, ao que lle seguiu a súa correspondente xira promocional.