Amputechture

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amputechture
Álbum de The Mars Volta
Publicado12 de setembro do 2006
Gravaciónnovembro do 2005 - maio do 2006
Duración76:04
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Gold Standard Laboratories
Universal Records
Strummer
Producido porOmar Rodriguez-Lopez
Cronoloxía
Scabdates Amputechture The Bedlam in Goliath

Amputechture é o terceiro álbum de estudio de The Mars Volta, editado o 12 de setembro do 2006. Foi gravado entre Os Ánxeles, El Paso e Melbourne, e está producido por Omar Rodriguez-Lopez e mesturado por Rich Costey.

Amputechture conta coa colaboración dunha ducia de artistas, entre os que se atopa o guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante, que toca en todos os temas menos "Asilos Magdalena".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Vicarious Atonement" – 7:19
  2. "Tetragrammaton" – 16:41
  3. "Vermicide" – 4:15
  4. "Meccamputechture" – 11:02
  5. "Asilos Magdalena" – 6:34
  6. "Viscera Eyes" – 9:23
  7. "Day of the Baphomets" – 11:56
  8. "El Ciervo Vulnerado" – 8:50