John Wycliffe
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c.1320 |
| Morte | 31 de decembro de 1384 |
| País de nacionalidade | inglés |
| Relixión | Proto-Protestantism (en) |
| Educación | Merton College The Queen's College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía, teoloxía, tradución e sacerdócio (pt) |
| Ocupación | Teólogo, tradutor |
| Empregador | Universidade de Oxford |
| Alumnos | Robert Alyngton (pt) |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Biblioteca dixital BEIC |
John Wycliffe, nado en Hipswell, Yorkshire (Inglaterra) cara ao 1320 e finado en Lutterworth (Leicestershire) o 31 de decembro de 1384, foi un predicador, teólogo e filósofo escolástico inglés. Foi un dos primeiros disidentes da igrexa católica romana durante o século XIV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor na Universidade de Oxford, predicou contra o clero da época e propuxo unha serie de profundas reformas relixiosas inspiradas na Biblia. Os seus seguidores foron os lollardos, considerados precursores da Reforma protestante, opoñéndose mesmo á autoridade do Papa. Por este motivo, Wycliffe ten sido alcumado como a "Estrela da Mañá da Reforma". Tamén levou a cabo unhas das primeiras traducións da Biblia a unha lingua vernácula, en concreto ao inglés, completada en 1382 e coñecida co nome de Biblia de Wycliffe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Wyclif's Political Philosophy, na Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés).