John N. Gray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John N. Gray
Nacemento17 de abril de 1948
Lugar de nacementoSouth Shields
NacionalidadeReino Unido
Relixiónateísmo
Alma máterExeter College
Ocupaciónfilósofo, escritor, profesor universitario e politicólogo
Na rede
Discogs: 3968618 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John N. Gray, nado en South Shields o 17 de abril de 1948, é un escritor e filósofo británico con intereses na filosofía analítica e a historia das ideas.[1] Até o ano 2008 ensinaba pensamento europeo na London School of Economics and Political Science. Gray contribúe regularmente con The Guardian, The Times Literary Supplement e New Statesman, onde é o crítico principal de libros. Gray declarou que se considera a si mesmo como ateo.[2]

Gray escribiu varios libros moi influentes, incluíndo False Dawn: The Delusions of Global Capitalism (1998), que argumenta que a globalización do mercado libre é un proxecto inestable en proceso de desintegración; Straw Dogs: Thoughts on Humans and Other Animals (2003), onde ataca o humanismo, unha cosmovisión que Gray ve como orixinaria das relixións; e Black Mass: Apocalyptic Religion and the Death of Utopia (2007), unha crítica do pensamento utópico no mundo moderno.

Notas[editar | editar a fonte]