John Malkovich
John Malkovich | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de decembro de 1953 |
Lugar | Christopher |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Serbian Americans |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Illinois State University, Eastern Illinois University e Benton Consolidated High School |
Cónxuxe(s) | Glenne Headly |
Profesión | actor, produtor de cinema, actor de televisión, actor de cinema, director de cinema, guionista, actor de teatro, actor de dobraxe, director teatral e deseñador de moda |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Gavin Malkovich nado en Christopher (Illinois) o 9 de decembro de 1953, é un actor, produtor e director de cine e teatro estadounidense. Ó longo de 30 anos de carreira, Malkovich apareceu en máis de 70 filmes. Polos seus papeis en Places in the Heart e In the Line of Fire recibiu nomeamentos ós Premios Oscar. Tamén apareceu e filmes louvados pola crítica como O imperio do sol, The Killing Fields, As amizades perigosas, Of Mice and Men, Con Air, Being John Malkovich, e RED, e produciu moitos filmes como Juno e The Perks of Being a Wallflower.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Malkovich naceu en Christopher, Illinois. Segundo o propio Malkovich, non está certo de se a súa ascendencia paterna é croata, montenegrina ou bosníaca.[1] O seu pai, Daniel foi moi polifacético (escritor, xornalista, fotógrafo), destacando o seu labor na conservación do patrimonio arquitectónico e natural. A súa nai Joe Anne era de ascendencia francesa, alemá, escocesa e inglesa.[2] Foi editora dun xornal local de Benton (Illinois), onde Johnn pasou a súa infancia, e era propietaria do Benton Evening News e do Outdoor Illinois[3][4][5] Foi á Universidade do Estado de Illinois, pero non rematou os seus estudos e, finalmente, decantouse polo teatro e máis tarde polo cinema.[6]
Malkovich ten tres irmás máis novas e un irmán máis vello.[7] Estivo casado coa tamén actriz Glenn Headly entre os anos 1982 e 1988. Máis tarde, en 1989, casou coa súa actual esposa Nicoletta Peyran, asistente de dirección, a quen coñeceu na rodaxe do filme The Sheltering Sky. Teñen unha filla, Amadine, nada en 1990, e un fillo, Lowry, nado en 1992.
Gran fan de cultura mediterránea, viviu na Provenza durante moitos anos e visita regularmente Cataluña, xa que é un apaixonado da arquitectura modernista e un grande experto sobre a figura do arquitecto Josep Maria Jujol.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Actor[editar | editar a fonte]
Director[editar | editar a fonte]
- Johnny Loves Bobby (1989)
- Strap-Hanging (1999)
- The Dancer Upstairs (2002)
- Hideous Man (2002)
- Blazing Satchels (2008)
- Lady Behave
Guión[editar | editar a fonte]
- Hideous Man (2002)
Produtor[editar | editar a fonte]
- The Accidental Tourist (1988) (produtor executivo)
- Ghost World (2001)
- The Dancer Upstairs (2002)
- The Libertine (2004)
- Kill the Poor (2006)
- Art School Confidential (2006)
- Juno (2007)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Do danas ne znam jesam li Hrvat, Crnogorac ili Bosanac (transl: Up to today, I do not know whether I am Croat, Montenegrin, or Bosnian)
- ↑ Stolyarova, Galina (31 de marzo de 2006). Moscow Times, ed. "Prisoners of War". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 22 de decembro de 2008.
- ↑ Wood, Gaby (30 de setembro de 2001). The Guardian, ed. "A multitude of Malkovich". Londres. Consultado o 22 de decembro de 2008.
- ↑ "Joe Anne Malkovich". Benton Evening News. 24 de marzo de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ "Daniel Ewing Malkovich, 59". The Randolph County Herald Tribune. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ "John Malkovich".
- ↑ TV Guide (ed.). "John Malkovich: Biography".