Saltar ao contido

Ronin (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ronin
 Título
   Ronin (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
8 de xaneiro de 1999 (Suecia)
3 de decembro de 1998 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Duración
   122 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Códigos e identificadores
VIAF305312243 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-605D-0000-4-0000-0000-P Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015qnh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
70% Rotten Tomatoes (22 de novembro de 2024)
67/100 Metacritic (11 de febreiro de 2024)
6.4 Rotten Tomatoes (7 de xaneiro de 2023) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0122690 Filmaffinity: 202687 Allocine: 18220 Rottentomatoes: m/ronin Mojo: ronin Allmovie: am18831 TCM: 328964 Metacritic: movie/ronin TV.com: movies/ronin Netlix: 17688014 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ronin é un filme estadounidense de acción dirixido por John Frankenheimer que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 4 de marzo de 2010.[1]

Ó igual que os samurai sen honra do Xapón, chamados Rōnin, en Europa abundan os expertos en perigosas operacións secretas que venden os seus servizos ó mellor poxador. Estes mercenarios limítanse a cumprir a misión que lles encomendaron, pero ignoran para quen traballan e cales son os verdadeiros obxectivos da súa actividade. Neste caso, só saben que deben facerse cunha misteriosa maleta.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O escritor David Mamet é visto nos créditos finais da película como "Richard Weisz", segundo se informa por mor dunha desilusión que el tivo debido a compartir o crédito con J. D. Zeik (o escritor orixinal). Segundo a produción, as contribucións de Mamet foron "menores, limitadas ao personaxe de Deirdre e a algunhas das escenas de Sam (Robert De Niro)". Segundo Frankenheimer, "Os créditos deberían dicir: Argumento por J. D. Zeik, Guión por David Mamet. Nós non tomabamos unha liña do guión de J.D. Zeik".[2] Isto foi confirmado por unha copia do guión de Zeik amosando as súas contribucións menores.[3]

O título é derivado do nome xaponés rōnin, usado para o samurai que non ten señor ao que servir, e cuxas motivacións son, en grande medida, de diñeiro e supervivencia en lugar da honra e o deber. Moitos dos personaxes da película son axentes desempregados que están á deriva á fin da guerra fría. A película fai referencia co nome Ronin á lenda xaponesa dos 47 rōnin, aludindo ás identidades dos protagonistas da película.

Ronin é notábel polas súas persecucións en coches, especialmente unha bastante longa a través das rúas e túneles de París, tanto é así que algunhas escenas requiriron até 150 especialistas. O traballo realizado nas persecucións con coches ten sido unha especialidade de Frankenheimer, que era un antigo piloto de carreiras, dende entón até a súa película filmada en 1966, Grand Prix. Aínda que as secuencias de acción eran a miúdo tomadas por un segundo director, Frankenheimer fíxoo todo el mesmo. Aínda que era consciente das moitas innovacións en efectos especiais dese entón, elixiu filmar estas secuencias de forma real, sen efectos especiais, para obter un maior nivel de autenticidade. De feito, en moitas das escenas a alta velocidade estiveron os actores nos vehículos. Skipp Sudduth fíxoo case todo conducindo el mesmo,[4] namentres que outros coches eran conducidos por especialistas co volante no lado dereito do vehículo e os choques eran realizados tamén por un especialista.

Os contidos da maleta nunca foron revelados (véxase MacGuffin). Mamet escribiu que el cría que a revelación deses detalles podería ser algo demasiado obvio, polo que o director deixou que os espectadores imaxinaran que é o que había dentro da maleta e responderan a resposta por eles mesmos. Esta é unha técnica que Mamet realizou constantemente nos seus filmes.

  1. "Ronin na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
  2. Harrison, Eric (5 de agosto de 1998). "Mamet Versus Writers Guild, the Action Thriller Sequel". Los Angeles Times.
  3. Zeik, J.D. (20 de maio de 1997). "RONIN: an original screenplay". The Internet Movie Script Database (IMSDb).
  4. Trivia for Ronin (1998). www.imdb.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]