John Croker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1670 Dresden, Alemaña |
Morte | 21 de marzo de 1741 (70 anos) Gran Bretaña, Reino Unido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gran Bretaña (1691–1741) |
Ocupación | gravador, medallista |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
John Croker, nado en Dresden, Saxonia, o 21 de outubro de 1670 e finado en Londres o 21 de marzo de 1741, foi un xoieiro e gravador alemán emigrado a Inglaterra que chegou a ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, baixo os reinados da raíña Ana, de Xurxo I e de Xurxo II, cando a ceca londiniense estaba dirixida por Isaac Newton.
Croker foi o gravador da medalla de 1702 conmemorativa da Batalla de Rande, na Ría de Vigo,[1][2] así como da serie de moedas a nome da raíña Ana cuñadas coa prata e o ouro capturados nesa batalla, que locen a palabra VIGO baixo o busto da raíña.[3][4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos en Alemaña
[editar | editar a fonte]Crocker naceu en Dresden o 21 de outubro de 1670, fillo de Rosina Frauenlaub e dun escultor en madeira e ebanista de Xoán Xurxo II, elector de Saxonia. O seu pai faleceu sendo el un neno e Croker foi posto como aprendiz do seu padriño, un ourive e xoieiro da mesma cidade, con quen xa se iniciou na arte do gravado de medallas.[6][7][8]
Logo dun período de aprendizaxe, comezou a exercer a súa profesión primeiro por diferentes cidades de Alemaña, e logo emigrou primeiro aos Países Baixos e despois, en 1691, a Inglaterra, onde cambiou o seu nome orixinal, Johann Crocker, por John Croker.[6][8][9]
Medallista e gravador de moeda en Inglaterra
[editar | editar a fonte]En Inglaterra comezou a traballar como xoieiro e medallista, labor polo que empezou a ser moi recoñecido en Londres por parte de persoas influentes, o que o levou a ingresar na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) en 1697 como gravador auxiliar, colaborando con Henry Harris, nunha época en que a ceca estaba a producir un gran número de novos modelos de moedas de prata, de moitas das cales se ocupo persoalmente.[9] Logo do falecemento de Harris en 1704, Croker, foi nomeado como o seu sucesor no posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, o 17 de abril de 1705.[6][8][9]
Ao pouco da súa vinculación coa Casa da Moeda, Croker recibiu a confirmación do seu dereito a emitir moedas pola súa conta e de feito foi creador dun bo número delas; unha das máis salientables desta época foi a da coroación da raíña Ana en 1702. Como gravador xeral de moeda encargouse dos cuños para a maior parte das moedas a nome da raíña Ana e de Xurxo I, e tamén das de Xurxo II ata 1740.[8][9] A partir de 1729 contou para o seu labor coa colaboración dun gravador auxiliar, que o sucedería á súa morte: John Sigismund Tanner.[10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]John Croker casou en 1705 cunha muller da que se coñece que se apelidaba Franklin, con quen tivo unha única filla, que morreu na infancia.[11] A súa esposa finou en 1735, mais Croker gozou de boa saúde e seguiu facendo traballos de gravado ata os seus dous últimos anos. Faleceu aos 70 anos o 21 de marzo de 1741.[8][12]
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]-
Coroa coa inscrición VIGO (1703). A/.
Medallas
[editar | editar a fonte]-
Guillerme III de Orange (1697). A/.
-
Medalla de Xurxo II e familia (1832) A/.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Medal. Museum number: M.8001". The British Museum.
- ↑ "Medal commemorating the Expedition to Vigo Bay 1702". Royal Collection Trust.
- ↑ "Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. Páxinas 173-176.
- ↑ "Queen Anne's Vigo Coins: Spanish Treasure and Stuart Propaganda". The Britannia Coin Company (Britanniacoincompany.com).
- ↑ Moedas coa inscrición VIGO. Numista.com
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Pfister, J. G. (1852).
- ↑ Forrer, L. (1904). Páxina 472.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Wroth, W. W. "Croker, John". En Stephen, L.; Lee S. (1917). Páxinas 121-123
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Forrer, L. (1904). Páxina 473.
- ↑ Forrer, L. (1916). "Tanner, John Sigismund". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 14-15.
- ↑ Forrer, L. (1904). Páxina 474.
- ↑ Forrer, L. (1904). Páxina 475.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Croker |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1904). "Croker, John". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol I. Spink & Son, Londres. Páxinas 472-479.
- Pfister, J. G. (1852). "Memoir of Johann Croker". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 15. Páxinas 67-73.
- Stephen, L.; Lee S. (1917). Dictionary of National Biography. Vol. V. Oxford University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Henry Harris |
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) 1705 - 1741 |
Sucesor: John Sigismund Tanner |