Johann Friedrich Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johann Friedrich Agricola
Nome completoJohann Friedrich Agricola
Data de nacemento4 de xaneiro de 1720
Lugar de nacementoDobitschen
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Data de falecemento2 de decembro de 1774
Lugar de falecementoBerlín
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Instrumento(s)Órgano
Parella/sElisabeth Juliane Friederica Bach
Benedetta Emilia Molteni
editar datos en Wikidata ]

Johann Friedrich Agricola, nado o 4 de xaneiro de 1720 en Dobitschen (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 2 de decembro de 1774 en Berlín, foi un compositor, organista, cantante, pedagogo e escritor sobre música alemán. Ás veces escribiu baixo o pseudónimo Flavio Anicio Olibrio.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agricola naceu en Dobitschen, Turinxia. Cando era estudante de dereito en Leipzig, entre 1738 e 1741, estudou música con Johann Sebastian Bach e converteuse no seu xenro. En 1741 marchou a Berlín, onde estudou composición con Johann Joachim Quantz.[1]

Pronto foi recoñecido como un dos máis recoñecidos organistas do seu tempo. O éxito da súa ópera cómica Il filosofo convinto in amore, estreada en Potsdam en 1750, levouno a ser nomeado compositor na corte de Federico o Grande. En 1759, logo da morte de Carl Heinrich Graun, foi nomeado director da orquestra real.[1] Casou coa destacada soprano operística Benedetta Emilia Molteni, a pesar da prohibición do rei de que os traballadores da corte casasen entre eles. Esto motivou a redución dos salarios combinados de Molteni e Agricola a un salario único anual de 1.000 táleros (O salario anual de Agricola só era antes de 1.500 táleros).[2] Agricola morreu en Berlín aos 54 anos.

Obra[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida, Agricola escribiu numerosas óperas italianas, así como Lieder, preludios corais, obras variadas para teclado e música relixiosa, especialmente oratorios e cantata. A súa reputación reside, con todo, nos seus escritos teóricos e críticos sobre temas musicais.[1] En 1754 foi coautor, xunto con Carl Philipp Emanuel Bach, dun obituario a J.S. Bach. O seu Anleitung zur Singekunst (Introdución á Arte do Canto) de 1757 é unha tradución do tratado de 1723 de Pier Francesco Tosi Opinioni de' cantori antichi e moderni con extensos comentarios do propio Agricola. Editou e engadiu extensos comentarios á edición de 1768 (póstuma) da obra de Jakob Adlung Musica mechanica organoedi. As súas anotación son consideradas unha importante fonte de información sobre os puntos de vista de J. S. Bach sobre os deseños do fortepiano de Gottfried Silbermann, o laúde-harpsicordio, e na construción de órganos.[3] É tamén destacado nos estudos de Bach como un dos copistas de Das Wohltemperierte Klavier (O cravo ben temperado) e Matthäus-Passion (A paixón segundo San Mateo).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chisholm 1911.
  2. Scherer, F. M. Quarter Notes and Bank Notes: The Economics of Music Composition in the Eighteenth and Nineteenth Centuries. Princeton: Princeton University Press, 2003.
  3. 3,0 3,1 Richard D. P. Jones, entrada de Johann Friedrich Agricola, Oxford Composer Companion: J. S. Bach (ed. Malcolm Boyd), Oxford University Press, 1999, ISBN=0-19-866208-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]