Johan Löfberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johan Löfberg
Cafés Candelas Breogán  – No. 12
Ala
Información persoal
Nacemento 8 de xullo de 1995 (25 anos)
Flag of Sweden.svg S:t Nikolai, Suecia
Nacionalidade Suecia Suecia
Altura 1,99 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 85 kg (195 lb)
Información da carreira
Canteira KFUM Göteborg
Mens Sana Siena (2012−2014)
Internacional Suecia Suecia
Carreira desde 2014
Historial de equipos
Mens Sana Siena (2013–2014) Serie A
Örebro Basket (2014–2015) Ligan
Dolomiti Energia Trento (2015–2016) Serie A
Oviedo (2016–2017) LEB
CB Breogán (2017–presente) ACB

Johan Jerker Löfberg, nado o 8 de xullo de 1995 en S:t Nikolai, Göteborg, é un xogador profesional internacional de baloncesto sueco. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo tras rescindir o seu contrato co Dolomiti Energia Trento da Serie A italiana. Cunha altura de 1,99 metros xoga na posición de ala.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Sankt Nikolai, Suecia, Löfberg militou nas categorías inferiores do KFUM Göteborg sueco e do Montepaschi Siena italiano. Tras acabar a súa etapa xuvenil, regresa ao seu país natal paraformar parte do Eco Örebro, onde disputou 30 partidos de liga sueca da temporada 2014-15 cunha media de 11,2 puntos, 1,9 rebotes, 1,5 asistencias e 0,7 robos de balón por partido, sendo as súas porcentaxes de lanzamento o 44,9% en tiros de campo (incluíndo un 38,7% en triplas) e o 77,2% en tiros libres.

Tras acabar a temporada regresa a Italia, asinando por tres temporadas co Dolomiti Energia Trento da Serie A por tres temporadas, sendo unha clara aposta de futuro do cadro transalpino. A súa participación co conxunto da capital do Trentino na súa primera campaña foi pouco máis que testemuñal, actuando en 5 partidos da Serie A e en 12 encontros da Eurocup. Neses 17 partidos xogados, Löfberg fixo unha medias de 4,3 minutos e 2,1 puntos por choque.

Na seguinte temporada é cedido ao Unión Financiera Oviedo da LEB na procura de minutos. No equipo asturiano xoga 33 partidos de liga regular, onde fai unha media de 12 puntos, 3,5 rebotes por partido e 1,2 asistencias por partido; 8 partidos de playoff, onde fai 8 puntos e 3,3 rebotes por encontro; máis a final da Copa Princesa, onde contribúe á vitoria do seu equipo con 18 puntos e unha asistencia. Tras acabar a temporada rescinde o seu contrato co Dolomiti Energia Trento para asinar co Club Baloncesto Breogán.

Clubs[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

Löfberg é internacional coa selección absoluta sueca. Destaca a súa contribuación no Europeo U20 B, onde fixo unhas medias de 15,4 puntos e 5,8 rebotes en 8 partidos, axudando ao seu equipo a acadar a segunda posición final e el consiguinte ascenso á División A.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Johan Lofberg vestirá a celeste do Cafés Candelas". Breogan.gal. 7 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]